DAN A CARA

Os profesionais de esterilización fan pública unha carta remitida á Consellaría na que manifestan a súa oposición ao plan de privatización da mesma.

Carta_esterilizacin_xaneiro2014

Carta á Conselleira sobre as centrais de esterilización_23xaneiro2014.pdf

 

 

SOS Sanidade Pública + Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade

Esta mañá entregamos unha carta na Xerencia do CHUAC dirixida ao Presidente da Xunta, Conselleira de Sanidade e Xerente de Xestión Integrada da Coruña.
Coa mesma adxuntamos unha táboa na que se recollen os medicamentos afectados polo A_Corua_27xan2014_1_SOS_Sanidade_Pblicacopago e as indicacións terapéuticas para as que se usan. Faiselle entrega desta táboa coa intención de que o noso goberno se dea conta de que detrás de cada medicamento co copago hai persoas e familias cun importante sufrimento detrás, para que se dean conta de que deben gobernar para a xente e non exercer un goberno burocrático e insensible que aplica decretos irracionais e inxustos. Nin o resto de CCAA gobernadas polo PP mostran intención de aplicalo salvo Aragón. Por que temos que ser os primeiros nos recortes e políticas contra as persoas?

A_Corua_27xan2014_2_SOS_Sanidade_Pblica

A CARTA ENTREGADA:

Carta_27xaneiro2014

SOS_Sanidade_Pblica:_Escrito_presentado_no_rexistro_na_Coruña_o_27_de_xaneiro_de_2014.pdf


TÁBOA COAS INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS DOS MEDICAMENTOS DO COPAGO:

InIndicacións_terapéuticas_dos medicamentos con copago_farmacia_hospitalaria.pdf

Tboa_Indicacins_teraputicas_medicamentos_copago_1

 

Tboa_Indicacins_teraputicas_medicamentos_copago_2

 

 

 

PAGA EXTRA 2012

 

paga_extra_catro_sindicatos

 

DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS: O XULGADO DANOS A RAZÓN

No seu momento a CIG-Saúde informou ao persoal do SERGAS da vixencia dos Días Adicionais de Vacacións, remitindo un informe da nosa Asesoría Xurídica ao SERGAS e exixindo a reposición dos Días  Adicionais retirados.

Desde o SERGAS, lonxe de recoñecer que era así, responderon naquel intre, e coma sempre con fachenda, alegando que foran derogados pola aplicación do RD Lei 20/2012 e que iso o vía calquera "porque é de manual de primeiro de carreira".

Pois ben, parece ser que hai avogad@s cuxo manual de primeiro de carreira é distinto dos que empregaron @s directiv@s de RRHH do SERGAS, xa que unha avogada da CIG ven de acadar no xulgado unha sentenza que recoñece a vixencia destes Días Adicionais.

O xulgado acaba de darnos a razón, nunha sentenza de Ferrol do 7 de xaneiro. Esta sentenza non é firme, pero recoñece claramente algo que nós xa anunciabamos naquel momento. É moi probábel que a Administración recorra esta sentenza, mais desde a CIG-Saúde exiximos a súa inmediata aplicación, repoñendo os Días Adicionais de Vacacións a todo o persoal que dispoñía deles.

MÁIS INFORMACIÓN NOS LOCAIS SINDICAIS

María J. Seijo García

Delegada sindical de CIG-Saúde

Tlfn. 981 17 81 37

 

Confírmanse as sospeitas: publicado o concurso da privatización do servizo de esterilización

 

O anuncio da apertura do concurso para a concesión do servizo saíu publicado no DOUE(Diario Oficial da Unión Europea) do pasado 2 de xaneiro

 

CIG-Saúde demandaba da consellaría de Sanidade, o pasado 4 de decembro, a confirmación ou desmentido da información que circulaba polos centros hospitalarios do SERGAS segundo a que, a finais dese mesmo mes, se procedería á publicación do concurso para a privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios.

Desde a consellaría non houbo resposta algunha, pero si a publicación do concurso o día 2 de xaneiro. A CIG-Saúde denuncia que para que pasara desapercibido, o anuncio para esta privatización foi publicado no DOUE e nin sequera se informou aos servizos afectados.

A data prevista para o inicio dos procedementos de adxudicación é o 1 de marzo e a CIG-Saúde exixe a súa paralización e que a concesión non chegue a ser formalizada.

Segundo a publicación no DOUE o contrato do servizo ascendería a 132 millóns de euros, máis IVE. Para a CIG-Saúde o máis grave é que para a súa privatización non se tivo en conta a opinión dos/as profesionais, xa que nin sequera foron previamente consultados ou recibiron comunicación algunha.

A CIG-Saúde explica que os hospitais públicos do SERGAS contan cos certificados de calidade ISO 9001 que garante a excelencia e calidade do traballo. Este control dos estándares de calidade tamén se fai polos servizos de medicina preventiva dos hospitais. O conxunto do traballo e do control de calidade é prestado por persoal sanitario (TCAEs, enfermeiras/os e médicas/os) e se isto pasa a mans dunha empresa privada tal e como vén de confirmarse “estariamos a falar da privatización da ‘bata branca’, esa que dixeron, tanto a conselleira, como o propio presidente da Xunta que non se ía producir.

CIG-Saúde advirtImos do encarecemento de todo o proceso se realmente se chega a efectivizar, xa que o material tería que ser trasladado en camións blindados, con sistemas que preserven un determinado nivel de humidade. De non ser así, o traslado deste material contaminado, en medios de transporte convencionais sería un risco para a poboación.

Esixímos a paralización deste proceso de privatización!!!

A MÁIS PRIVATIZACIÓNS, MÁIS LOITA!!! SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE!!!

 

María J. Seijo García

Delegada sindical de CIG-Saúde

Tlfn. 981 17 81 37

 

 

 

Xestin_clnica_difusin_17xan2014

 

 

Agradecementos e parabéns a todos e todas vos

mani10.jpg

Os delegados e delegadas sindicais de CIG-Saúde da área Sanitaria de A Coruña queremos agradecervos a todos os compañeiros e compañeiras o voso  esforzo para secundar a convocatoria de dous días de folga realizada por CESM-O'MEGA, CCOO e CIG-Saúde,e o voso ánimo para participar nas concentracións e manifestacións que se fixeron durante estes días en toda á área sanitaria.

                Os nosos parabéns, a todos e todas vós. Si o seguimento da folga xa foi moi elevado (o maior  que se ten dado nunha folga na Sanidade pública), a asistencia de miles de persoas a manifestación de A Coruña, que culminaba estas dúas xornadas de folga, loita e reivindicación, foi un grande éxito.

Un grande éxito de todos e todas, dos convocantes (CESM-O'MEGA, CCOO e CIG-Saúde) pero especialmente do conxunto dos traballadores e traballadoras que fomos transmitindo a información e animándonos mutuamente, un tras outro ata asegurar este resultado.

mani10 2.jpgFomos quen de transmitírmonos información e ánimo entre nós, e fomos quen de comunircarllo a poboación, adquirindo un compromiso coa cidadanía que fixo piña con nós, foi comprensiva coa folga e entendeu como ninguén que tiña que saír á rúa a defender a súa/nosa sanidade pública.

Non podemos menos que sinalar dende CIG-Saúde que o importante grao de acordo alcanzado cos outros sindicatos convocantes (CESM-O'MEGA, CCOO)  facilitou tamén tanto o traballo sindical como o éxito das mobilizacións.

E dende CIG-Saúde dicirlle ao presidente da Xunta, o Sr. Feijjo, que coa arrogancia e o desprezo ao que nos ten acostumados, asegorou:  "Non haberá descontos nin ao 80, nin ao 70, ni ao 60, nin ao 50, nin ao 40, nin ao 30, nin ao 25 por cento da plantilla xa que a maioría acudiu a traballar”, que ten razón o Sr. Feijoo, a maioría da plantilla acudiu a traballar, acudiu a traballar obrigada polo seu nomeamento abusivo de servizos mínimos.

Pero minte cando di que a maioría da plantilla non terá descontos, é mentira, a totalidade da plantilla, o 100% do persoal teremos un grande desconto, desconto do 40% das nosa pagas extras do Nadal. Que sumado a rebaixa doutro 40% na paga de xuño, supón unha mingua, un roubo do 4% do noso salario anual do ano 2013, roubo engadido ao que xa nos ten feito nos anos anteriores.

                En CIG-Saúde valoramos a folga e as mobilizacións coma  un triunfo do esforzo, do traballo, da participación e da implicación de todo o persoal, pero non rematamos, seguiremos ata cumprir os obxectivos marcados'.

Agora tócalle a outros moverse, ao Sergas que debe sentarse a falar con nós e que debería ter un pouco de sentido común “e público” e pensar menos nos negocios das empresas privadas que queren entrar no sector sanitario.

De novo agradecementos e parabéns a todos e todas

María Seijo.

Delegada de CIG-Saúde.

 

13-12-10_Folga_CHUAC_149.grande

 
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info