Fotos da concentración e manifestación. O 10 empeza con maior apoio á folga, a pesar de que Feijoo diga na radio que a inmensa maioría dos profesionais decidiron ir traballar. Contará este señor aos servizos mínimos e aos que están de baixa laboral ou vive noutro planeta?

Link para galería de imaxes de CIG-saúde das concentracións de hoxe en toda Galiza:

http://www.galizacig.com/avantar/node/494/8629

image007

image008

 

image009

image010

 

Martes 10 de decembro

  • 2º día de folga
  • Concentración na rotonda do CHUAC, nas Xubias, ás 11 horas
  • Manifestación ás 8 da tarde, con saída na Casa do Mar de A Coruña

 CARTAZ_MANIFESTACIÓN.pdf

 CARTAZ_PARA_O_COCHE

Carta aberta á cidadanía solicitando a súa participación:

Carta_aberta_á_cidadanía.pdf

 

logosaudeazul.jpg       

 

 

 

 

Máis participación que nunca!!!

A participación na folga está a ser moi elevada. Segundo os datos dos que dispoñemos, a media de seguimento da folga nas distintas áreas sanitarias está no 80%. E isto a pesares de todos os intentos da administración para minimizar o impacto da folga: mínimos abusivos, presións ao persoal en mínimos para que desenvolva a actividade normal, intentos de cubrir ao persoal en folga…

Houbo incidentes en practicamente todas as áreas sanitarias que obrigaron a contactar co comité de folga. Na área sanitaria de A Coruña, nos laboratorios, consultas etc. trataron de substituír ao persoal en folga. Noutras áreas sanitarias como a de Compostela, pretendíase que o servizo de radioloxía funcionase ao 100%, na de Vigo, intentaron que no Laboratorio a actividade fora idéntica á de un día normal.

Na área de A Coruña, tanto en moitos servizos e unidades hospitalarias, como en moitos centros de Saúde o seguimento da folga está a ser do 100%. Todo apunta a que mañá, 2º día de folga, a participación será aínda maior

Acudide á concentración de mañá martes ás 11 h no Hospital A CORUÑA, e a MANIFESTACIÓN CIDADA que sairá as 8 da tarde da Casa do Mar.

Saúdos

María Seijo

Responsable comarcal de CIG-saúde

FOTOS DA CONCENTRACIÓN E MANIFESTACIÓN DE HOXE NO ABENTE:

Sbanas_Abente

 

Abente_13-12-10_Manifestacion_A_Coruna4

Abente_13-12-10_Manifestacion_A_Coruna3

Abente_13-12-10_Manifestacion_A_Coruna1

Abente_20131209_112959

Abente_Mara_20131209_114310

 

Máis imaxes: http://www.galizacig.com/avantar/node/494/8618

 

Útiles para a folga


Teléfono de contacto ante un problema: María Seijo García (CIG-Saúde): 607 217 658

 Cousas que debes saber ante a folga:

Cousas_que_debes_saber_ante_unha_folga.pdf

Cartaz de información sobre os servizos mínimos:

CARTAZ_SERVIZOS_MNIMOS.pdf

CARTAZ_SERVIZOS_MNIMOS-1

Nota informativa de SOS Sanidade Pública para os pacientes:

Informativo_para_pacientes_folga.pdf

Cartaz dicindo que se está de folga:

CARTAZ_ESTAMOS_EN_FOLGA.pdf

CARTAZ_ESTAMOS_EN_FOLGA

DOG que regula os servizos mínimos:

DOG_regulación_folga_servizos mínimos.pdf

 

 

CARTA ABERTA ao Dr Vilanova, Xerente da Área de Xestión Integrada de A Coruña

                                                                                                                                             A Coruña, 3 de decembro de 2013

Estimado Dr Vilanova:

           Véxome na necesidade de dirixirme a vostede para amosarlle a miña sorpresa e grande preocupación ao saber dunha intervención súa que co título “Gestión Clínica: Creación de valor”, presentou no VI Foro Club Gertech, celebrado baixo o lema “Creando valor compartido”. 

Sorpresa, porque cuestións de tanta relevancia para a atención sanitaria e para os profesionais responsables dos procesos asistencias, sexan presentados por vostede neste tipo de foros e non no foro ao que, ao meu entender, vostede  se debe, que é o dos profesionais da área sanitaria da que ten a honra de ser o seu Xerente.

Unha fonda preocupación ante o contido das súas propostas de cambio organizativo implementando “áreas de xestión”, propostas que como  moi ben se aclara na presentación forman parte dos obxectivos estratéxicos do Sergas, e que como tamén vostede tan ben expón na súa presentación implican, e cito o texto da diapositiva: “a primeira fase do cambio é contención do gasto mediante RECORTES: persoal, salarios, actividade, carteira de servizos, inversións e prezos.”

Permítame que sexa escéptica, ao non crer como vostede afirma neste relatorio que estes cambios /recortes se poidan traducir en “resultados en saúde de pacientes”.

Permítame tamén que me pregunte, con certa alarma, dado o lema deste foro “Creando valor compartido”, con quen queren realmente tanto vostede como os responsables do Sergas, da Consellería e do Goberno da Xunta compartir o valor da Sanidade Pública Galega.

Dado que no seu discurso cita en varias ocasións a “participación dos profesionais”, propóñolle que organice nesta área sanitaria un debate con relatores plurais onde poidamos confrontar dialecticamente as propostas (as nosas) dos profesionais que entendemos a “xestión clínica” como a participación profesional na elaboración, coordinación e integración dos recursos que interveñen nos procesos asistenciais, o uso da evidencia científica como motor dunha práctica clínica eficiente e a medición e avaliación de resultados con indicadores de saúde/asistenciais, coas  propostas que o Sergas está presentando nos centros e nas que miden só indicadores de aforro e de redución do gasto e introducen valores do mercado e do beneficio económico no coidado da saúde.

            Permítame por último incluír unha ligazón da súa presentación, para que todos os profesionais da área teñan a oportunidade de coñecer as súas propostas. Adxunto tamén cartaz do foro no que foron presentadas.

http://www.slideshare.net/Guajardo/presentacin-madrid-dr-vilanova

Quedo á súa disposición

María J. Seijo García

Enfermeira de psiquiatría

Delegada sindical de CIG-Saúde

Tlfn. 981 17 81 37

 

Programa das Xornadas

clubgertech2

 

"Las fases del cambio" para o Xerente e para o Sergas:

 

 

Vilanova_fases_del_cambio

 

Debate sobre as Áreas de Xestión Clínica

A responsable comarcal de CIG-saúde e Presidenta da Xunta de Persoal, María Seijo, participou no debate do CORUÑÉS OPINA da cadea Ser.

Informou sobre as Áreas de Xestión Clínica, a repercusión nas condicións de traballo, a repercusión perigosa que pode ter para o cidadán e a ameaza de privatización.

Informou tamén da folga dos días 9 e 10 de decembro e chamou á cidadanía a participar na manifestación do día 10 de decembro e que sairá da Casa do Mar de A Coruña ás 8 da tarde.

http://radiocoruna.com/informativos-radio-coruna/sigue-la-polemica-sobre-la-creacion-de-las-areas-de-gestion-clinica/gmx-niv14-con16345.htm

 

abente-y-lago_peche_camas_interna_nov_2013

 

asembleas_folga

 
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info