Prazas_traslados_2013.pdf

 OPE DE MISERIA

Achegamos as prazas para traslados que a administración entregou na mesa sectorial celebrada o 22 de novembro de 2013.

Para OPE saen 165 prazas (40 para médicos de familia e 125 para enfermaría). Corresponden ao 10% do total das prazas vacantes xeradas desde novembro de 2011 até setembro de 2013, en total 1649 prazas vacantes, que non quere dicir que estean todas cubertas  nin que se vaian cubrir.

Na oferta de emprego do ano 2012, o SERGAS convocou na OPE de FEAS 176 prazas que correspondían ao 10% das vacantes existentes até o ano 2011, un total de 1760.

Se sumamos o total das prazas  vacantes 1760+ 1649= 3.409, o que se produce é que o SERGAS ven de confirmar a denuncia que CIG-SAÚDE facía no ano 2011, cando denunciabamos que no SERGAS durante o período 2011- 2013 íanse producir máis de 3.000 prazas vacantes, que non serían ser cubertas amparándose na taxa de reposición; o que isto significa é unha perda progresiva de postos de traballo no sistema sanitario público.

Desde CIG-SAÚDE rexeitamos este atropelo ao sistema sanitario público, esiximos a anulación inmediata da taxa de reposición, dado que se a sanidade é un servizo esencial, non se pode seguir eliminando postos de traballo até facer inviábel  a prestación de servizo.

 

Prazas_traslados_2013.pdf

 

Acto informativo de CIG-saúde no Hospital de A Coruña sobre as Áreas de Xestión Clínica

21 de novembro de 2013

 

Preocupación e combatividade. Poderían ser as palabras que resumen o acto informativo de CIG-saúde sobre as Áreas de Xestión Clínica do Sergas. Asistencia numerosa, consciencia da importancia de parar este decreto de Áreas de Xestión Clínica.

Presentou o acto Xosé María González-Manso Fernández, radiólogo do complexo. Fixo unha introdución sobres estas políticas neoliberais, a necesidade de cambio na organización na liña de xestión clínica pero non desta xestión clínica que nos quere impoñer o sergas.

Falaron despois Moncho Veras, médico de familia, membro da agrupación médica de CIG-saúde, Paco Vizoso, xefe de medicina preventiva de Pontevedra e portavoz da agrupación médica de CIG-saúde e María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-saúde.

Finalmente fíxose un chamamento a participar na folga e mobilizacións do 9 e 10 de decembro co obxectivo de parar estas políticas que van destrozar o sistema sanitario, ademais das condicións de traballo no sergas.

Acto_A_Corua_21_novembro_2013_004

 

Acto_A_Corua_21_novembro_2013_006

 

Acto_A_Corua_21_novembro_2013_015

 

ACTO_INFORMATIVO_21_DE_NOVEMBRO_2013.pdf

 

Acto informativo de CIG-saúde no Hospital de Cee

15 de novembro de 2013

 

En Cee xa coñecen o que é traballar como Fundación, cales son as condicións de traballo e as prestacións que ofrecen.

Xa pensaban que a época das Fundacións estaba no pasado pero agora vennas vir de novo da man destas Áreas de Xestión Clínica

 

IMG_6336

 

IMG_6338

 

IMG_6340

 

NOTA DE PRENSA

ACUMÚLANSE AS RECLAMACIÓNS NO CENTRO DE SAÚDE DE CARBALLO POR NON SER INFORMADAS AS RADIOGRAFÍAS QUE SE FAN NO TURNO DE TARDE

 

Desde CIG-Saúde levamos denunciando esta situación desde que o servicio de RX comezou a funcionar polas tardes este verán. E continúa o mesmo problema, seguensen ser informadas polos especialistas correspondentes as radiografías que se fan polas tardes, e seguen acumulándose as reclamacións de pacientes que teñen que vir dúas, tres, catro veces ao médico e pasan ata dous meses sen que as súas radiografías estén informadas. Isto non é de recibo, non se pode admitir esta situación que está a provocar tantas molestias aos pacientes. Para iso case mellor que non puxesen a funcionar o servizo de RX polas tardes, xa que semella que está a ser máis un problema caunha solución.

Desde CIG-Saúde insistimos en demandar da Xerencia da Área de Xestión Integrada unha solución a esta cuestión. Cal é o problema? Non hai radiólogos suficientes? Ten pensado a Xerencia poñer unha solución a este problema?.

Carballo, 14 de novembro de 2013

Xoán M. Sande Muñiz,

Delegado Sección Sindical de CIG-Saúde

 

Iniciativa Galega pola Gratuidade

 

_MG_1278

Concentración en A Coruña o 8 de novembro

 

IMG_6341

Manifestación en Santiago o 17 de novembro

 

 

Concentración en Cee

Iniciativa Galega pola Gratuidade

8 de novembro de 2013

 

Cee_concentracin_8novembro2013

 

CIG-saúde esixe a apertura da planta de Interna do Abente

Non podemos aceptar ter plantas de Medicina Interna ou doutro tipo pechadas mentres haxa dificuldades asistenciais.

Publicado na Voz de Galicia o venres 4 de outubro de 2013:

 

Banda_AgM_para_correos_electrnicos

Os facultativos  que acepten a súa integración nas Unidades de Xestión Clínica poden, sen querelo, estar dando un paso cara a súa laboralización e a perda do seu carácter estatutario.

     O SERGAS está creando en todas as áreas sanitarias, e vai acelerar o proceso nos próximos meses, Unidades de Xestión Clínica (UXC) ao abeiro do Decreto “ad hoc” que publicará nas próximas semanas, e que foi rexeitado pola CIG-Saúde e os demais sindicatos da mesa sectorial. 

     Aos facultativos aos que se lles ofreza a integración nesas UXC, desde a Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) alertámoslles de que se aceptan esa integración nas actuais circunstancias,  poden estar dando un paso que lles acabe convertendo en persoal laboral, perdendo no camiño o seu carácter de persoal estatutario.

Esta advertencia que realizamos desde a AgM-CIG baséase nos seguintes feitos:

  1. O Decreto sobre as UXC que o SERGAS vai aprobar de contado, e en base ao que xa está facendo as ofertas de integración, está cheo de incertezas (non se aposta por un modelo claro de xestión clínica senón que está cheo de lugares comúns que poden concretarse en modelos de xestión clínica moi diferentes); está inzado de aspectos deliberadamente escuros que a administración négase a clarexar (que vai pasar cos profesionais que non acepten integrarse na correspondente UXC na que se integre o seu servizo?, que pasará cons que se integren e logo queiran saír dela?, ...); e contén aspectos deontoloxicamente inaceptábeis (ligar os incentivos dos profesionais ao aforro en vez de ligalos aos resultados de saúde, ...)
  2. As modificacións do Estatuto Marco de persoal sanitario que o PP xa aprobou no parlamento estatal a principios do verán de 2013, mediante a Lei 10/2013, e que, como veremos, están deseñadas para avanzar na laboralización e na privatización, usando as Unidades de Xestión Clínica como instrumento.
  3. O decreto estatal que prepara o Ministerio de Sanidade sobre as UXC, que se comprometeu a publicar antes de que finalice 2013, e no que todo apunta que servirá para avanzar nos obxectivos de laboralización do persoal e privatización da sanidade pública. Ademais, o SERGAS  xa anunciou en mesa sectorial que cando ese decreto estatal se publique, adaptará de contado o seu propio decreto introducindo os cambios que o decreto estatal conteña.

     Nestas condicións, desde a AgM-CIG recomendamos aos facultativos e facultativas aos que se lles propoña participar nas Unidades de Xestión Clínica (UXC):

  • que lle esixan ao SERGAS respostas claras a preguntas como as seguintes:

- que lle pasará a quen non acepte participar nestas unidades, tanto desde o punto profesional como organizativo dentro do servizo?.

- cal vai ser o mecanismo de saída da Unidade de Xestión Clínica e a que praza e servizo vai poder optar quen tome a decisión de irse destas Unidades.

- en que medida se vai modificar a situación xurídica, de condicións de traballo e retributiva agora e no futuro ante os cambios que se anuncian desde o Ministerio e a Consellaría de Sanidade.

§  e que non comprometan a súa participación nas UXC mentres o SERGAS non de unha resposta clara a esas preguntas.

Se queres analizar o tema en maior profundidade le o documento anexo, así como a información dispoñibel na web da Agrupación Médica de CIG (AgM-CIG): www.agmdica.org

 

Xestión Clínica e Laboralización_130909.pdf

 
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info