Ana Lestón, Lucía Peón e Moncho Veras piden o apoio para CIG-saúde

 

 

Cabeceira_para_correos_e_web

 

 

 

                                                        Logo_electoral_con_cig_saude

 

Logo_electoral_con_cig_saude

CIG-saúde A Coruña enviou a seguinte nota de prensa sobre as contratacións na Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña e remitíuna con rexistro de entrada ao Drector de Recursos Humanos da Xerencia:

 

A política de contratación do Sergas aplicada pola Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña é abusiva, escasa, inxusta e pouco transparente.

Deixa desprotexida á poboación porque os centros quedan con pouco persoal durante moitos días do ano, abusa e precariza as condicións de traballo do persoal máis vulnerable, aquel que está nas listas de contratación en espera de emprego, e sobrecarga ao persoal fixo dificultando unha actividade sanitaria normal.

Isto é así desde a chegada de Feijoo ao goberno pero, na Coruña, empeorou coa última Xerencia e a unificación da atención primaria e hospitalaria na actual Xerencia única.

Características da política de contratación desta Xerencia

-       Escasa cobertura de ausencias.

-       Abuso das medias xornadas para cubrir unha xornada enteira.

-       Contratos de luns a venres saltándose fins de semana e festivos aínda que a baixa dure máis tempo.

-       Bloquea as axendas médicas e de enfermaría en atención primaria ou cita aos pacientes do persoal ausente nas consultas do resto provocando listas de espera e grave sobrecarga de médicos e de enfermaría.

-       Dalle horas extras ao persoal fixo (chamadas prolongacións de xornada) cando hai persoal en paro que podería contratar incumprindo acordos vixentes. Deste xeito evita a cotización social do novo persoal ese día.

-       O persoal non sanitario é contratado normalmente de luns a venres e por horas (por exemplo, de 10 a 13 horas,...), tendo que desprazarse o persoal eventual ás veces a localidades para facer 2-3 horas o que lles supón case máis gasto que beneficio, e por outra parte, a poboación está sen atender como se debe toda a xornada.

-       Xestión pouco transparente das listas de contratación. Resulta difícil para as persoas que están nas listas saber cando lles vai tocar unha substitución ou se se lles están ofrecendo todas as posibilidades de emprego que ten a xerencia nese mesmo momento. A súa experiencia é de trato desigual ao persoal en desemprego.

-       Opacidade e grandes posibilidades de nepotismo na contratación de persoal facultativo hospitalario, que está sendo decidido practicamente polas xefaturas de servizo, con moi pouco control externo e sen opcións de control sindical.

 

Non se asinou ningún contrato de longa duración de facultativos desde outono de 2013

A mala xestión desta xerencia en atención primaria fixo que non se asinase ningún contrato de longa duración de facultativos desde outono de 2013, abusando de contratos por días ou por semanas e tardando meses en facer substitucións de baixas laborais. Con este tipo de contratación resultaron danados tanto pacientes como o persoal contratado e o propio sistema sanitario público. Foron especialmente prexudicadas varias promocións de médicas de familia que non tiveron acceso en ningún momento desde o remate do seu MIR a unha opción laboral continuada nin posibilidade real de conseguir unha praza nunha oposición, levando deste xeito varios anos agotadores fisica, familiar e psicoloxicamente con contratos día a día ou semana a semana. É así como esta Xerencia quere fidelizar a médicos en desemprego? Despois quéixase a dirección no verán cando non encontra persoal para facer substitucións. Simplemente come o que sementa.

 

Explicacións sobre as comisións de servizos. Non se trata igual a todo o persoal

No último concurso de traslados de persoal sanitario, resolto neste mes de abril, houbo ceses e recolocacións de difícil explicación e que precisan maior información. Recolocacións de persoas en comisións de servizo e ceses doutras en situacións similares. Chama a atención, pola súa significación, a recolocación dunha médica, anteriormente xerente do sergas, nun centro da Coruña cando a súa praza está nunha localidade limítrofe.

A transparencia na xestión da mobilidade do persoal é fundamental. CIG-saúde está a favor de facilitar a mobilidade interna do persoal pero sempre dun modo transparente tanto no procedemento como nos motivos da mesma e, xa que logo, con garantías de acceso por igual para todos os profesionais.

CIG-saúde denuncia a escasez e precariedade na contratación, pide información clara e motivada de todos os ceses e recolocacións do persoal afectado polo último concurso de traslados e quere a cobertura de todas as prazas vacantes.

Ramón Veras Castro, delegado sindical de CIG-saúde (696394788)

A_politica_de_contratacion_do_Sergas_na_Coruna.pdf

 

En apoio dos compañeiros de Vigo ameazados pola privatización de Feijoo

 

Concentracin_11_decembro

 

Sanidade oferta a persoal público pasarse ás concesionarias privadas do novo hospital de Vigo “sen ningunha garantía laboral"

O PP non privatiza non, non destrúe emprego público, non pretende desmantelar a Sanidade  Pública,  pero…onte, xoves 4  de  decembro,  publícase no DOG unha resolución da Área de Xestión Integrada de Vigo pola que se “oferta aos empregados públicos de determinadas categorías de servizos non clínicos da dita estrutura organizativa a opción de pasaren a prestar servizos, de forma voluntaria, como persoal laboral na entidade concesionaria da explotación dos ditos servizos”.

1_setembro_2014_0.40

CIG-Saúde considera esta publicación  unha traizón, un despropósito e un insulto. Estaba convocada para hoxe venres unha xuntanza dun grupo técnico da mesa sectorial na que se avaliaría esta cuestión. A Consellaría de Sanidade afirmara que “se buscaría coas organizacións sindicais unha saída para que en Vigo no se perderan os 400 postos de traballo”.

Unha mentira máis da Consellería do PP, que antes de xuntar o grupo técnico, saca esta orde para que o persoal  se vaia a traballar á empresa privada sen ningunha garantía.

A CIG-Saúde esixe a retirada inmediata da resolución publicada no DOG e que na reunión da mesa sectorial convocada se aborde a defensa dos traballadores e traballadoras da sanidade pública non a do lucro da empresa privada 

Podes descargar a resolución neste enlace:   http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141204/AnuncioG0003-281114-0003_gl.pdf

·      

                     Hoxe son os/as compañeiros/as da Área sanitaria de Vigo, maña seremos…nós?


             Hoxe son  os/as  profesionais  de  cociña, lavandería, mantemento…,  mañá será o persoal  administrativo, de  enfermaría ou médico???


 Hoxe son os  profesionais da área de Vigo aos que se lle da? “A opción de ser contratado laboralmente pola Sociedade Concesionaria do Novo Hospital de Vigo”, e mañá?, darannos  a todo  o persoal a opción de ser  contratados  pola Sociedade Concesionaria da nova unidade de Xestión Clínica de….???
María J. Seijo García
Delegada sindical de CIG-Saúde
Tlfn. 981 17 81 37

 

http://www.radiocoruna.com/articulo/radio-coruna-cadena-ser/cig-denuncia-contratos-dia-sergas/20141203140956022494.html

Radio_Corua_3_decembro

 
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info