Nota de prensa sobre Urxencias do CHUAC

 

CIG-Saúde desminte á Xerencia do CHUAC

 

A CIG-Saúde quere saír ao paso das últimas declaración realizadas pola Xerencia do CHUAC, a respecto da gravísima situación que padecen as urxencias. No é certo que o colapso do Servizo de Urxencias do CHUAC se deba a un aumento puntual na afluencia de doentes. Non hai un só día do ano no que o Servizo de Urxencias non estea sobresaturado.

Foto_hospital_Urxencias_4O incremento puntual da afluencia de doentes o que provoca é o caos e o colapso total, e a máxima degradación que se poida dar nas condicións asistenciais.

Durante todo o ano 2012, CIG-Saúde estivo a denunciar a indecente e inmoral situación que estaban  a padecer os/as doentes ingresados no Servizo de Urxencias do CHUAC, as súas familias e os/as profesionais que os/as atenden.

Indecente e inmoral é a situación, indecente e inmoral é negar a realidade, e indecente e inmoral é  coñecer os problemas,  ser o responsable de pórlles solución e non facelo.

O resumo da situación de Urxencias o día 18 de xaneiro de 2013, ás 08:00 h, que sería o resumo de calquera día do ano, é a seguinte:

  1. Están ingresados e sen cama dispoñible 47 doentes.
  2. Están ocupadas case todas as camas dispoñibles no Servizo: aprox. 50 camas
  3. 26 doentes están en padiolas nas que pasaron a noite
  4. 14 doentes pasaron a noite nun sillón.
  5. A maioría destes doentes xa superan as 48 h de estancia en Urxencias.
  6. Algúns doentes cumpren o 4º día de estancia en Urxencias.

 

Precísase, cando menos, maior dotación de profesionais, ampliación de espazos e un incremento das camas dispoñibles, e sobre todo precisase dun goberno da Xunta comprometido coa Sanidade Pública e cos intereses dos cidadáns, e non un goberno da Xunta comprometido con outros intereses e, aos que lles convén o seu deterioro.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013

Asinado

María Jesús Seijo García

Secretaria Comarcal de CIG-SaÚde de A Coruña

 

17 xaneiro: 19 horas, diante da Delegación do Goberno

17xaneiro2013

CONCENTRACION_17_XANEIRO.pdf

 
Feijoo, este individuo______________ (póñase o que se desexe), tómanos por imbéciles. Cando menos podería ser máis respectuoso con nós. Moi mal considerados nos ten, polo menos á nosa capacidade intelectual, cando di que nos sobe o salario no mesmo momento en que nos baixa un 4%. Baixada que vai sobre as baixadas anteriores ata facer un 25% desde o ano 2009.
 
Menos felicitacións gilipollas e que nos paguen. Simplemente que nos paguen. Parece que só se acordan de nós para enviar esas chorradas.  POIS NON!
 
Iso para empezar.
 
RAMÓN VERAS CASTRO
Delegado CIG-saúde. Agrupación Médica de CIG-saúde
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
 

     Roubo salarial !!!

A nós si que nos tocou o gordo co goberno do PP !!!

http://www.vtelevision.es/informativosv/2012/12/21/0031_26_162555.htm

http://www.cig-saude.org/CENTRAL/

http://www.galizacig.com/avantar/novas/21-12-2012/a-area-publica-da-cig-acusa-a-feijoo-de-tramposo-e-manipulador-por-intentar-vender-

 

Podemos estar orgullos@s da loita dos compañeiros e compañeiros de Madrid. Ánimo!

Aquí queda unha nova máis deste grupo, cada día máis numeroso, de loitadores pola sanidade pública.

ASTERIX_CONTRA_AS_PRIVATIZACIÓNS.pdf

 
Mira este vídeo da mobilización madrileña: non había moitas canas pero algúns/nhas xa non cumpren 30.
Mira tamén a participación dos residentes, ao final, cos seus comentarios.
Para que despois veña por aquí Rodríguez Sendín and CIA a louvar a Feijoo and CIA. Por que non llo contan a estes compañeiros de Madrid?
Ramón Veras Castro
Delegado CIG-saúde. Agrupación Médica de CIG-saúde
 

Banda_AgM_para_correos_electrnicos

NOTA DE PRENSA                                                                                            12/12/2012

A OMC protagoniza unha operación de marketing a favor de Núñez Feijoo

Diante das informacións aparecidas na prensa sobre o informe “Profesión médica e reforma sanitaria” solicitado polo presidente da Xunta, e entregado este luns polo presidente da Organización Médica Colexial (OMC), a Agrupación Médica de CIG Saúde quere que os facultativos e o conxunto da poboación coñezan a súa valoración do sucedido:

1. Estamos diante dunha operación de imaxe a maior gloria dun Núñez Feijoo quen, na introdución do documento asinada polo presidente estatal da Organización Médica Colexial (OMC), é louvado e posto como exemplo de boa xestión en época de crise e recortes, nunha clara e extemporánea demostración de que, entre outras cousas, o señor Rodríguez Sendín ten un coñecemento escaso das políticas reais que ven aplicando o goberno do Sr. Feijoo a prol da privatización da sanidade pública galega.


2. O Sr. Feijoo quere dar unha imaxe de si mesmo máis “centrista” e o presidente da OMC colabora entusiastamente nesa operación. O presidente da Xunta quere desmarcarse da imaxe cavernícola, por servil aos intereses privatizadores que, noutras CCAA, proxectan os sectores máis integristas do seu propio partido, sectores polo demais con importantes vencellos persoais cos grupos económicos da sanidade privada. Non sorprende que nesa operación de maquillaxe participen os máximos dirixentes de algún dos colexios de médicos galegos máis vinculados ao PP e que participaron no fiasco que, desde o punto de vista da eficiencia significaron as novas formas de xestión xa ensaiadas e fracasadas en Galiza (fundacións hospitalarias, Medtec, ...). Sorprende máis a presenza doutras organizacións colexiais de ámbito provincial que queremos pensar que non eran plenamente conscientes de que estaban sendo utilizadas.


3. O persoal da sanidade madrileña está loitando para evitar a salvaxe privatización da sanidade pública que o goberno de Madrid pretende levar a cabo. O apoio a esta loita, na que o persoal facultativo está a xogar un importante papel, debería ser a prioridade das organizacións médicas profesionais e sindicais. Todas as organizacións médicas madrileñas, científicas, profesionais e sindicais téñense manifestado en contra da brutal privatización que nesa CC.AA. pretende efectuar o PP. En Madrid están tentando aplicar o “programa máximo” e, desmarcándose do que pasa alí, o Sr. Feijoo pretende poñerse un fardel de moderado que non lle corresponde. A política sanitaria que ven aplicando o goberno galego, é tamén claramente privatizadora da sanidade pública, como se pon claramente demanifesto nas propostas de construción con modelos de financiación público-privada (PFI) dos novos hospitais públicos de Vigo e Pontevedra e dun bo número de centros de saúde, modelos que a experiencia amosa que son claramente ineficientes.


4. Cómpre termos claro que, se a política sanitaria do goberno galego semella mais moderada que a que está incendiando a sanidade madrileña, isto é debido fundamentalmente ás importantes mobilizacións en defensa da sanidade pública que se desenvolveron en Galiza nos últimos anos, promovidas fundamentalmente pola plataforma unitaria “SOS Sanidade Pública”. Nesas mobilizacións en defensa do sistema sanitario público galego é imprescindible incrementar a presenza do persoal médico como grupo profesional. A solidariedade c@s nos@s colegas madrileñ@s, que están loitando man a man co resto de persoal, pode ser un excelente campo para facernos oír como médic@s e dar un salto cualitativo na implicación do persoal facultativo galego na loita en defensa da sanidade pública e contra a súa privatización.


5. No que fai o informe en si, debe sinalarse que contén algúns elementos interesantes e outros nos que estamos en desacordo, mais debe ficar claro que representa so a opinión dos seus 10 redactores, e en todo caso do presidente da OMC e da cúpula estatal dos colexios de médicos. Desde logo non representa a opinión d@s facultativ@s galeg@s, que non tivemos participación ningunha na súa elaboración.


6. Desde unha perspectiva estritamente sindical, como Agrupación Médica de CIG-Saúde, queremos deixar absolutamente claro que non compartimos para nada unha pretendida disposición d@s facultativ@s a aceptar reducións salariais como propón o documento. As condicións salariais dos traballadores e traballadoras da sanidade pública, incluídas as do persoal facultativo, son por lei competencia da negociación entre a administración e os sindicatos, e a OMC e os colexios de médicos deberían de ser máis escrupulosos e respectuosos coas organizacións sindicais e evitar meterse en aspectos que non son da súa competencia.

 

  Agrupación Médica de CIG-Saúde

Nota-Prensa-AgM-121212.pdf

DOCUMENTO_OMC_SOBRE_PROFESION_MEDICA_E_REFORMA_SANITARIA_122012.pdf

 


privatiza


Non permitiremos que se lle entregue a nosa sanidade pública ás empresas privadas con ánimo de lucro.

                O goberno da Xunta de Galiza ten por costume mirarse no espello de Madrid para aplicar aquí as mesmas políticas que alí  se impoñen. Xa vemos por onde van os tiros: PFI (iniciativas de xestión privada)  a esgalla, privatizacións, reconversións de hospitais públicos en residencias xeriátricas, eliminación de miles de postos de traballo públicos desmantelamento da Sanidade Pública, entregándolla a empresas privadas, como Capio, que manexan ao seu antollo os cartos públicos (cartos que lle sacan á xente espreméndoa ata límites insospeitados) para obter grandes beneficios a costa da saúde da poboación.

Este mesmo camiño xa foi iniciado en Galiza na anterior lexislatura, agora ábrese  a posibilidade de que afonden máis na vía privatizadora e de negocio coa Sanidade Pública Galega.

O primeiro índice no que imos poder comprobar se isto é así, son os Orzamentos da Xunta para o ano 2013. Evitemos que sigan avanzando nestas políticas, mobilicémonos agora para evitar ter que mobilizarnos despois como o están facendo noutros territorios do Estado. Os Orzamentos da Xunta para o ano 2013 non poden contemplar privatizacións, iniciativas de xestión privada, nin máis desvíos de cartos a empresas privadas. Os Orzamentos non poden contemplar reducións de persoal, nin desmantelamento de servizos.

O que deben contemplar os orzamentos.

·         Un aumento do investimento na Sanidade Pública, recollendo as necesidades que neste momento existen por mor das políticas seguidas estes últimos anos.

·         Eliminación da taxa de reposición, con esta taxa só se está a cubrir unha( 1) praza de cada dez (10) vacantes que se producen. Esiximos que se orzamenten e se cubran todas as prazas vacantes para despois convertelas en emprego estable: OPEs e concursos de traslados.

·          Un aumento das prazas de persoal estatutario que suplan as carencias actuais.

·         Recuperación da contratación. Que se cubran todas as ausencias do persoal.


 

ESIXAMOS UNS ORZAMENTOS QUE RESPECTEN E FOMENTEN A SANIDADE PÚBLICA!

CONCENTRACIÓN 4 DE DECEMBRO 11 HS

DIANTE DOS CENTROS DE TRABALLO.

 

 

 

 

 

 
Este xoves ás 12.00 tomará o relevo a cuarta quenda, formada polos secretarios comarcal da Coruña e nacional da FGAMT
As mostras de solidariedade coa protesta que a CIG está a desenvolver dende o pasado venres diante da Audiencia Provincial de Pontevedra multiplícanse. En só cinco días de folga de fame contra a represión sindical a cental nacionalista recolleu máis dun milleiro de sinaturas entre a veciñanza e nas empresas da comarca. Este xoves terá lugar un novo relevo ás 12.00 horas.
IMG-20121127-WA0000
 
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info