Situación dos profesionais de drogodependencias en Galiza

QUE QUEREN OS PROFESIONAIS


  • Que se garanta a continuidade e calidade dos recursos existentes, tanto no ámbito asistencial como en materia de prevención e incorporación.

 

  • Que no novo modelo de financiamento se establezan mecanismos para que os Centros Asistenciais e Equipos de Prevención actuais reciban os recursos económicos suficientes para continuar a súa actividade.

 

  • Que os profesionais de Drogodependencias participen en todos os procesos de elaboración das ferramentas lexislativas e técnicas que teñan que ver co seu traballo.

 

  • Seguir traballando para conseguir a consolidación dos contratos laborais, independentemente de que continúe ou non o proceso de integración no SERGAS.

 

EN TODO CASO, O SINDICATO CIG-SAÚDE SEGUIRÁ A DEFENDER AOS PROFESIONAIS DE DROGODEPENDENCIAS,

SOLICITANDO A MELLORA DAS SÚAS CONDICIÓNS LABORAIS E

QUE SE RECOÑEZA O SEU DEREITO Á ESTABILIDADE LABORAL.

Addthis