Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL



Asunto: Peche de plantas no HULA





Un ano máis prodúcese o peche de camas no HULA, neste caso chámase “adecuación dos recursos de hospitalización á actividade asistencial”, pero en realidade do que se trata é dun recorte máis. A estas alturas xa sabemos cales son as mentiras do sistema para autoxustificarse, incluíndo a maquillaxe de datos, as reticencias aos ingresos, as esperas non estructurais….

Unidades co cento por cento de ocupación ao longo do ano son pechadas sen consideración ningunha, sen ter en conta a necesidade da poboación e dende logo moito menos as necesidades do persoal.

A súa comunicación recolle o tanto por cento de camas que permanecen operativas, mais non di en absoluto o prexuízo que para doentes e profesionais pode supor tal cuestión. Os/as doentes rara vez estarán ingresados na Unidade que corresponda á súa especialidade, nin tampouco para os/as profesionais é doado, cunha plantilla sen apoio ningún, facerse cargo de multitude de especialidades mesturadas, con protocolos e necesidades moi diferentes.

Coma tódolos anos non será certo que se hai necesidade se vaian abrir as distintas unidades, nin sequera cantas camas estarán pechadas de xeito “pantasma”, a cuestión sempre está en relación coa definición dos criterios de “necesidade”.

Por outra banda o persoal a estas alturas non sabe onde vai desenvolver o seu traballo durante o verán, e por riba, como aconteceu outros anos, acabarán sendo un pool de substitución por toda a casa.

Nunha época onde prima a alta especialización, o control dos rexistros, a seguridade dos/as doentes resulta que o SERGAS o que fai como política de bandeira é mesturalo todo, para que tanto doentes como profesionais se sintan o peor posible.

Nin que dicir ten que a CIG se opón radicalmente a calquera peche que as propias xerencias se encargan en poñer os medios con anterioridade para xustificar a posterior, de todos xeitos temos a seguridade de que a asistencia sanitaria se manterá ao nivel adecuado, pero isto non é achacable á dirección, só sucede polo esforzo das/os profesionais.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Listaxe provisional de admitidos e excluídos no procedemento de mobilidade provisional 2017-EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

PINCHA AQUÍ
 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Achegámosvos o enlace no que podedes acceder á listaxe provisional de admitidos e excluídos no procedemento de ACOMODOS INTERNOS categoría TCAE 2017

PINCHA AQUÍ

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CURSO: CLIMA LABORAL

DÍAS: 20,21 e 22 de Xuño de 2017.

HORARIO:  de 16 h a 21 h.

LUGAR: AULA 405 - HULA

DIRIXIDO A: TODO O PERSOAL


CONTIDOS:

  • 1ª PARTE - TEÓRICOS: 
    • O proceso de comunicación dentro da organización
    • Tipo de Comunicación e aprendizaxe organizacional
    • Estratexias e recursos de intervención comunicativa
    • Os estilos de comunicación
    • Modelo de Buckman e EPICEE en malas noticias
  • 2ª PARTE - ACTITUDINALES:
    • Cómo facer e rechazar peticións
    • Qué facer cando os demais non acceden as nosas peticións
    • Cómo dar mlas noticias de forma humana e profesional
    • Conflictos interpersoais no contexto hospitalario
    • Cómo afrontar o comportamento irracional de outras persoas
    • Taller de coñecementos, habilidades e actitudes
    • ¿Cómo me manexo coas emocións?
    • Decálogo das actitudes positivas
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

xoves18maiolistas

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Baremo_FEAS

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

cursos:


-ERGONOMÍA PSICOSOCIOLOXÍA NO ÁMBITO SANITARIO (10H)


OS DIAS 8, 9 E 10 DE MAIO DE 16H A 19,30H NA AULA 405 

-ADAPTACIÓN DE POSTOS E CONDICIÓNS DE TRABALLO POR RAZÓN DE PROTECCIÓN DA SAÚDE E MATERNIDADE (10H)

OS DIAS 22, 24, 25 DE MAIO

Día22:  16-20 h.
Días 24, 25:  16 - 19 h.
Lugar: SALÓN DE ACTOS DO HULA (3ª PLANTA)

PROGRAMA:

MÓDULO 1:
1. Adaptación de postos e condición de traballo por razón de protección da saúde de maternidade.
MÓDULO 2:
2. Procedemento de adaptación de posto e condicións de traballo por razón de protección de saúde e maternidade.



PARA ANOTARSE CHAMADE AO 296537 


 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Plano_estabilidade_marzo2017

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>