Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Apampados nos teñen estes novos gobernantes do PP. Mira que levamos anos pelexando cos problemas da sanidade, e mira que pasaron gobernos e Conselleiros/a e NADA !!. Todos uns burriños.

 

Tivo que chegar Feijóo e a súa “Consejera”  Farjas para, en dous días, dar coa solución ao vello problema das Listas de Espera:

 

 Foi o presidente quen, nun alarde de domínio das matemáticas, veu dicir que con que soamente se realice unha operación mais por quirófano en xornada ordinária, as listas de espera reducirianse en 45.000 persoas/ano. Sinxelamente XENIAL!!. E se fosen duas intervencións serían 90.000, dicimos nós (que tamén sabemos multiplicar), para que imos quedarnos curtos....

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Aproveitando as Festas de San Froilán, desembarcan en Lugo ano tras ano os habituais carteristas: xente cunha especial habilidade para meterche a man no peto e birlarche a carteira ao menor descuido. Non hai problema, se poñemos un pouco de cuidado evitaremos convertirnos nas súas vítimas. En todo caso, o mais que nos poden facer é arruinarnos un día de festa…

 

Pero andan soltos este ano outra variedade de CARTERISTAS DE GUANTE BRANCO que sí nos deben preocupar, e MOITO.  Estes non pasan por quitarche o solto que leves na carteira, estes meten a man a fondo. FEIJÓO E A SÚA BANDA DO PP, coa decisión unilateral e imposta –INÉDITA NA HISTÓRIA- de deixar en suspenso os Acordos retributivos en vigor, incluída a Carreira profesional (grado IV) pendente de completar para o persoal de Xestión e Servizos e de Formación Profesional (Auxiliares de Enfermería, Persoal Técnico Especialista, Celadores, Auxiliares Administrativos, Persoal de Oficio, etc), veñen de deixar aos rateros de toda a vida no mais absoluto dos ridículos.

 

Porque o señorito FEIJÓO pretende birlarnos diante dos nosos fuciños - co truco da austeridade que andan perfeccionando- cantidades que poden acadar os 3.500€ (caso de Psicólogos Clínicos e outros Licenciados Sanitários), ou perto de 1.000€ para un Celador de quenda fixa ( os de quenda rotatória bastante mais). Se a isto engadimos os perto de 500€ de média que nos custará a reforma fiscal do PSOEpor certo moi criticada polo PP con todo o cinismo-, as cifras acadan valores DE VÉRTIGO. Con escotes así calquera fai a festa…

 

E é que para outros HAI FESTA RACHADA: a decisión anunciada de dar entrada ao capital privado na SANIDADE PÚBLICA, garantíndolle un NEGÓCIO SEN RISCO E A LONGO PRAZO, é un REGALO inestimabel para uns poucos. A paralización do Concurso Eólico, adxudicado por primeira vez conforme a uns baremos previamente coñecidos e publicados, e que tiña entre os seus adxudicatários a sectores productivos claves para o país (sector pesqueiro e gandeiro, por exemplo, ademais das Caixas de Aforro), vai ser andando o tempo outro REGALIÑO para os grandes accionistas de grandes compañías radicadas FÓRA DO PAÍS. E sería o colmo da BURLA que se atrevesen a levar a cabo a EXTENSIÓN DO COMPLEMENTO por ADICACIÓN EXCLUSIVA para o persoal facultativo que traballa na PRIVADA, cousa que andan negociando por fóra da Mesa con algún sindicato corporativo.

 

¡ FRONTE Á CRISE, REPARTO DA RIQUEZA!

 

¡ FÓRA AS VOSAS SUXAS MANS DO PETO DOS TRABALLADORES!

 

 

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O SERGAS FAI UNHA NOVA PROPOSTA PARA A NEGOCIACIÓN  DO PACTO DE CONTRATACIÓNS QUE CAMBIA POR COMPLETO O CONCEPTO DE LISTAS DE CONTRATACIÓN, PROPÓN :

- UNHA 1ª LISTA COS APROBADOS SEN PRAZA DA OPE NA QUE SE INCLÚE A PUNTUACIÓN DA FASE DE CONCURSO

-UNHA 2ª LISTA COS PRESENTADOS SUSPENSOS NA QUE SÓ SE TEN EN CONTA A PUNTUACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPE

-UNHA 3ª LISTA SUBSIDIARIA DESTAS PARA QUE SE ANOTE O PERSOAL QUE RESTA E O QUE SE VAIA INCORPORANDO

 

COMO VEDES O CAMBIO DE CONCEPTO É SUBSTANCIAL, NO CONSELLO NACIONAL DA CIG-Saúde DECIDIUSE DISCUTIR NAS COMARCAS.

EN BREVE TEREDES CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE AFILIADOS SEN PRAZA, CO FIN DE ACADAR UNHA POSTURA QUE DEFENDER NO GRUPO INTERNO DE TRABALLO CREADO PARA A RENEGOCIACIÓN DO PACTO DE CONTRATACIÓNS. CONTAMOS COA VOSA OPINIÓN.

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O SERGAS DECIDE UNILATERALMENTE SUSPENDER OS ÚLTIMOS ACORDOS ASINADOS EN BASE A UN ARGUMENTARIO QUE DENDE O PUNTO DE VISTA SINDICAL NON SE SOSTÉN. MOSTRAN UNHA FALLA, ALARMANTE, DE RESPECTO POLA MESA SECTORIAL E POLOS TRABALLADORES E OS SEUS REPRESENTANTES.

DENDE A PLATAFORMA FORMADA PARA A DEFENSA DA NOSA CARREIRA PROFESIONAL EMITIUSE UN  PANFLETO QUE RECOLLE O MÁIS GRAVE. A PARTIRES DO DÍA 8 DIRÉMOSVOS QUE FORZAS SINDICAIS SE SUMAN DEFINITIVAMENTE Á DEFENSA DOS DEREITOS DOS QUE SE NOS ESTÁ PRIVANDO E COMO SE LEVARÁ A CABO.

Facemos notar que ao marxe do que se especifica no panfleto reseñado vense afectados tamén todos os acordos que non estean rematados a fins de 2009, pe. os relativos as CP das Fundacións que se integraron recentemente, acordos de residentes...

Desta volta está demasiado en xogo, haberá que prepararse

suspensin_acordos.pdf

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hoxe, 2 de outubro de 2009, o Presidente da Xunta visitou as instalacións do Novo Hospital de Lugo. A plataforma sindical formada por CIG-Saúde, UGT, CCOO, CSIF, SAE, CEMs, e compañeiras do sindicato SATSE, aproveitaron dita visita, como non podia ser doutro xeito, para amosarlle ó Sr. Feijoo a "simpatía" que a Consellería de Sanidade e o Sergas están despertando nos traballadores da sanidade, con medidas tan agresivas como a suspensión de varios acordos sindicais, un feito que non podemos consentir que siga adiante.. xa que, non concordamos con esta política de que sexa o traballador o que pague a crise, e por exemplo non se paralice o proxecto da cidade da cultura, o plus dos altos cargos.. os pinchos.. etc..  .. "to be continued"

DSC00243

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
As últimas listas de contratación estaban sen baremar en case que tódalas Direccións Provinciais. Teremos que empezar a dar caña, o venres día 2 hai mesa central de contratacións, prantexaremos o tema. Xa vos teremos informados.
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

A fama do noso Director de Enfermería antecede á súa chegada.

A CIG, en primeira instancia, non pode facer máis que darlle unha auténtica benvida por varias causas:

-Este hospital precisa xefes que non teñan amigos.

-A organización do traballo, concesión de permisos... ten que comezar a basearse en criterios obxectivos.

-O fortalecemento da Enfermería (de toda, ATS e Auxiliares) e a creación de auténticos equipos interdisciplinares necesita dunha Dirección con coñecementos teóricos e abertos.

-O coidado a outros colectivos dependentes de esa Dirección merece tamén a atención necesaria.

-O acceso á formación e a participación do persoal en condicións de igualdade con outros compañeiros e outros estamentos urxe que teña un oco.

Esperamos dende esta atalaia que ese currículum e esa experiencia logre desterrar vellas eivas e sistemas de traballo meramente apoiados no costume. A enfermería deste hospital ten lexítimo dereito a sentir que traballa nunhas condicións dignas e que ofrece uns coidados de calidade.

A data de hoxe celebramos a súa chegada, o futuro nos dirá se lograremos celebrar máis cousas.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Sabemos que é un problema crónico no Complexo, esta temporada está caendo unha auténtica plaga en calde de xeito que o persoal acaba sendo vítima por duplicado, explicarémosvos o porque.

A CIG entende como lamentable que rouben as pertenzas de pacientes e familiares, ao noso entender é igual de lamentable é ir traballar e saír roubado.

O que nos resulta aínda máis inconcebible é que aínda pode ser peor, porque 2 compañeiras están acusadas no caso do roubo do bolso dunha acompañante.

Segundo parece a Policía Nacional estudiou o tema pero non atopou ata o de agora medidas que foran efectivas, o único que se nos ocorre a nós e non se lle debeu ocorrer a ninguén é que poñan cámaras nas saídas do hospital e nas entradas das plantas, pechaduras nos armarios dos cuartos, un folleto explicativo específico para entregar aos acompañantes....

Como CIG pedimos algo de colaboración por parte da Dirección e mandos intermedios, xa que, como traballadores denunciados por causa de estar desenvolvendo as labores do seu posto de traballo temos dereito a asistencia letrada por parte do SERGAS e alguén nolo ten que dicir, é máis pedimos que a Dirección nos apoie sen remilgos  e que tamén nolo faga saber.

 

<< Inicio < Anterior 201 202 Seguinte > Final >>