Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Dende a semana pasada véñense escoitando rumores continuados sobre o peche de diversos servizos:

O xoves pasado.- íanse pechar 5 quirófanos

O venres.- Un quirófano pero de xeito definitivo

O luns.- íanse unificar as unidades de hospitalización de cardio e neumo

O martes.- ía pechar unha das plantas de trauma

 

Ante todo este cúmulo de díxome-díxomes, a CIG-Saúde púxose en contacto coa Dirección do Hospital, que negou taxativamente que se fora pechar absolutamente nada, o único certo é que non abriron as plantas de interna e pediatría, e que tal e como se nos comunicou, serán reavaliadas o 17 de outubro.

Preguntamos tamén por o rumor sobre o aprazamento de ingresos programados de M. interna, que terían como fin non ter que abrir a planta pechada, e tamén se nos negou, parece que hai suficientes camas libres para non ter que adiar ingresos. Pola nosa conta comprobamos que o programa cirúrxico está ingresando e sendo operado con normalidade

Tamén se nos asegurou que o hospital era solvente ata fin de ano, e que no caso de algún impoderable, este sería comunicado con carácter urxente á Xunta de Persoal.

Dende aquí apelamos encarecidamente a non chamar ao mal tempo, xa que este vén só.

Tamén esperamos que se nalgún momento hai que mobilizarse porque os rumores se convirtan en certos esté todo o persoal xunto xa que é o único modo de garantir a nosa defensa.

ESPERAMOS QUE ESTE ARTICULIÑO REDUNDE NA TRANQUILIDADE DE TOD@S