Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

  • Informóusenos que aínda que non haxa pacientes o día 2 de novembro abrirá Medicina Interna, de pediatría  non o aseguraron deste xeito.

  • Falamos da inxustiza cometida cos ceses dos acúmulos de tarefas.

O feito de que non abran as prantas ata novembro fixo que houbera persoas fixas para acomodar en diversos servizos,  por suposto estas persoas escolleron o servizo a onde ir.

A cuestión é que  os criterios de cese dos acúmulos foi a opción de preferencia do persoal fixo. Cousa para a que non se atopa referente legal de ningún tipo.

Dende a CIG entendemos que os ceses dos acúmulos afectan a toda a casa e non só a M.Interna o criterio de cese ten que ser global, é dicir que as persoas terán que cesar de menor a maior puntuación nas listas de contratación.

Dende a Dirección quedaron de darlle unha voltiña a esto, mañá preguntaremos a ver que nos contan

  • Celadores.- Solicitamos que se cubra o posto de información que corresponde ao  encargado de celadores, e que leva dende o inicio sen cubrir.

Traccións na urxencia.- A CIG presentou un Recurso de Alzada contra a instrución ou protocolo que se fixo para a axuda e asistencia ao Trauma no caso das fracturas que requiren tracción. Comentamos que este documento non é un protocolo, xa que di que lles corresponde a tódalas categoría facelo e ao mesmo tempo di que será o médico o que decida en cada caso. Tentaremos tratalo monograficamente nun futuro inmediato, tendo claro que estamos con boa disposición para negociar nuns termos que poidan satisfacer ás partes.

  • Queixámonos do sistema de cobertura das baixas de TER no servizo de Rx, quedou de mirar como estaba este tema.

  • Comisións de Servizos.- Quedan pendentes de valorar as categorías de pinches, celadores e Aux de Enfermería, pedimos que as valoren dunha vez. Informaron de que na maioría de categorías as CCSS ocuparán as vacantes, e os/as primeiras de lista ocuparán as reservas de praza, ao 50% claro.

-As prazas de aux de enfermería para CCSS que nós contamos son 7 a día de hoxe, e haberá 3 máis para xaneiro por sendas xubilacións.

-Celadores: hai 3 reservas de praza.

-Pinches: hai 1 reserva para primeira de lista … e perdinme na conta das vacantes.

·         Pool.- aínda que xa no mes de xullo fixemos escrito expoñendo as enormes diferencias de días traballados entre as persoas do pool, non conseguimos descubrir que demos pasaba ata que pedimos as listas de experiencias que nos facilitaron na dirección de enfermería. Mañá presentaremos este escrito  na Dirección.

MESA SECTORIAL

Deixamos aquí a información referida á orde de integración do persoal funcionario e laboral

A Dra de RRHH comunicou que se está traballando na orde de integración, que ademais esta non incluirá a Carreira Profesional

Dende CCOO pediron que o persoal de S. Rafael tivera preferencia á hora de ir a Calde (esto non fai falla pedilo, xa llelo recoñece o protocolo asinado pola sra conselleira) e UGT que se tiveran en conta as súas condicións, supoñemos que a antigüidade.

A CIG dixo:

-          Que o SERGAS era o responsable de certificar os Servizos Prestados, e se había discrepancias a comisión de seguimento da transferencia era o ámbito idóneo para tratalas.

-          Que os funcionarios e laborais debían participar en igualdade de condicións nos acoplamentos internos, xa que non se podía chantaxear ao persoal presionándoo para que se estatutarice. Se teñen tanto empeño na súa estatutarización deberían ofertarlles a Carreira Profesional.

-          É que había temas nos que era fundamental a negociación entre a Xerencia do Lucus e a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa.

O decreto sairá en breve, previo paso pola Mesa Sectorial, daquela esta delegada que escribe estará presente na Mesa.