Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

PARECE QUE ERGUEMOS AMPOLAS CON ESTA NOTA, XA QUE O SERGAS DESMENTIRÁ TODO O DITO EN BASE A MEDIAS VERDADES, SI É PRECISO XA A RESPONDEREMOS

NON ACOSTUMAMOS A MENTIR NIN A FACER DEMAGOXIAS, PERO IGUAL É MOMENTO DE CAMBIAR DE OPINIÓN, XA SE VERÁ

 

 

 

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL
A situación de apertura do novo hospital ao longo deste ano fíxonos pensar nunha mellora na asistencia sanitaria a pesares da machacona presenza da crise, xa que tanto dende a Presidencia da Xunta como dende a Consellería de Sanidade se reiterou ata a saciedade a promesa de novos servizos e melloras para Lugo.
A realidade vén sendo ben distinta, xa que se están dando mantidamente unha serie de feitos que contradín o antedito de xeito absoluto.
Tralo verán non se volveron abrir unha serie de servizos xustificados pola baixa presión asistencial, cuestión que non quedou máis remedio que asumir, xa que se constatou o número de camas libres e a baixa media de ocupación, esto non quita que a mestura de pacientes de diversas especialidades nun mesmo servizo merme a calidade de atención que se presta, e aínda así requira un dobre esforzo para o persoal.
Agora mesmo cónstanos que se pretenden pechar 4 camas na UCI e reducir a 6 enfermeiras, tamén en base a unha baixa ocupación, ante a chegada ao hospital novo, esta carteleira sufrira un incremento importante de persoal de enfermería coa idea de atender a un maior número de pacientes.
Parece que a idea inicial era acoller aos pacientes na UCI-2 do novo servizo de hemodinámica, dende a CIG pensamos que se este servizo fora a abrir en breve, non se produciría redución algunha de camas nin de persoal, índicanos esto que existe un cambio de planes con un recorte encuberto que nos pode facer sospeitar que nunca cheguemos a contar cos novos servizos prometidos para o H. Lucus Augusti.
A información dada pola Xerencia indicaba que os concursos da Alta Tecnoloxía para os Servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear estaban en curso. A pesares de realizar as pesquisas pertinentes en Recursos Económicos no Sergas non logramos atopar ningún rastro de que se estea a traballar nesto. O que supón unha demora de moitos anos no desfrute deste avance para a poboación da nosa área sanitaria, e unha diferenza na carteira de servizos ofertada polo SERGAS en áreas similares á nosa, como é Ourense.
Xunto con esto é público e coñecido que os edificios baleiros das vellas instalacións están deteriorándose sen oportunidade de albergar nada do que tamén estaba prometido para eles, sendo modificado o discurso a estas alturas, dicindo que aínda non está decidido que tipo de servizos se destinarán aos edificios do vello complexo.
A organización do traballo da enfermería e a consideración de cara a este colectivo está sendo penosa, rexida polo criterio único do aforro económico, con mobilización constante do persoal de modo que unha enfermeira de tocoloxía pode ser desprazada a neumoloxía e logo para tocoloxía enviarán a unha enfermeira de xinecoloxía (este caso foi recente e real), como se pode intuír incluso para quen non teña un coñecemento profundo destes temas, a repercusión na asistencia aos doentes parece máis que evidente.
Parece que hai outros servizos como Rehabilitación que se quedan sen doentes agudos porque son derivados aos concertados, cando sempre se lles prestou atención no hospital e nos centros de saúde.
Temos unhas estupendas instalacións que pouco a pouco e case sen que se note están quedando sen o uso que lles correspondería.
Estase fomentando dende a Dirección un empeoramento na calidade asistencial que se lograra acadar nas deterioradas instalacións coas que contabamos antes e remítenos a hai 20 anos ou máis en canto aos malos usos de mobilizar ao persoal por todo o hospital e a que o uso do Gacela, o traballo por pacientes e non por tarefas, os plans de coidados na enfermería se vaian ao garete xunto coas expectativas de melloras para a asistencia á poboación.
O HOSPITAL NOVO DE LUGO ESTANDARTE E BANDEIRA DE MODERNIDADE PARA ESTE GOBERNO DO PP ESTÁ PLENAMENTE INMERSO NA POLÍTICA DE RECORTES QUE REPERCUTEN DIRECTAMENTE NA INSATISFACCIÓN DOS/AS TRABALLADORES E NA ASISTENCIA AOS DOENTES
Asdo: Carme Aira Díaz
Lugo a 20 de outubro de 2011