Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

·      ACOMODOS INTERNOS: SITUACIÓN, vista dende a CIG

  

O intento de negociación dos acomodos vén dende o hospital vello, alí suscitouse a discusión relativa a si debían saír antes do traslado ou non...

Esta discusión rematouna a Dirección dicindo que era imposible facer o concurso por causa de que as abondosas modificacións e adecuacións dos servizos nas distintas categorías impedía saber que prazas debían ofertarse e cales non.

No documento que recolle a ordenación de persoal tralo traslado vén escrito que se sacarán os acomodos internos 4 meses despois da chegada (cousa a todas luces imposible, como se demostrou).

A negociación comezou o 30 de Abril, o prantexamento da Dirección foi o seguinte:

1º.- Tratar sobre a participación do Persoal Funcionario e Laboral e trasladar a decisión das OOSS a RRHH do SERGAS

2º.- Repasar traballadora a traballadora, e categoría a categoría, para determinar que persoas tiñan o posto por acomodo interno e cales non...

3º.- Tratar as prazas de Saúde Laboral

4º.- Repasar as vacantes a ofertar por servizos e categorías....

Ben é certo que o verán fixo estragos e as reunións estiveron suspendidas de xuño ata a 2ª quincena de setembro (a lentitude que algún sindicato lle achaca á mala intención de non se sabe quen e cun fin de non se sabe que, nós achacámola a que as cousas na administración son lentas e ás veces nin eles mesmos saben que persoal teñen, como o demostraron as innumerables correccións feitas aos listados).

Chegados a este punto, temos que dicir que a Mesa Sectorial non se pronunciou en firme sobre a participación de Funcionarios/as e Laborais, xa que lle pasa laxamente a bola á Dirección do Centro, e a Dirección do Centro pásalle descaradamente a bola ao SERGAS... como unha das partes da negociación debería pronunciarse con claridade, esperemos conseguir que o faga.

No día de hoxe tanto o Comité de Empresa como a Xunta de Persoal solicitaron por unanimidade convocatoria da Mesa Sectorial para tratar este punto, esto non indica que se deixe de traballar nos acomodos xa que hai reunión o día 23 de modo normal.

1º.- Nesta primeira reunión sacouse por unanimidade das organizacions sindicais a petición de que o persoal Funcionario e Laboral participara.

 

A CIG explicaravos aquí as  razóns de manter esta opinión:

- Son persoal do SERGAS con un réxime xurídico distinto (de feito foron os últimos hospitais da deputación en transferirse en Galiza e hai antecedentes de que en todos participan)

 

 

 

-A transferencia faise en base ao decreto 447/1996 que lles ofrece unha serie de garantías que non se poden conculcar e van máis alá da opinión que cada quen teña: harmonización, integración funcional, e voluntariedade á hora de integrarse no réxime xurídico do persoal estatutario....

-Así mesmo o decreto 206/2005, que regula a provisión de prazas, obriga ás institucións sanitarias a facilitar a ubicación do persoal en igualdade en base a criterios obxectivos e polo tanto a convocar traslados internos.

Por todo esto, debemos defender a súa participación dende o momento en que son persoal do SERGAS, coartar un dereito dun traballador supón coartar o dereito de todos/as, igual  o persoal estatutario ten máis dereitos hoxe que os que vaian ter no futuro, polo tanto o camiño firme na defensa dos dereitos non pode ser discutido.

Por outra banda, pensamos que hai que defender un trato igual, nen mellor nin peor, esto significa que serán tratados igual no que son iguais (integración funcional) e diferente no que son diferentes (réxime xurídico suxeito a un convenio), nin nos poden quitar nada que teñamos, nin podemos quitarlles nada do que teñen. Esto será útil para evitar impugnacións sobre o concurso de acomodos...

Todo Lugo sabía onde estaba o Pazo de S. Marcos e que o Sr. Cacharro e anteriores tiñan o despacho pola primeira planta...  esto hoxe non vén a nada recordalo.

2.- As categorías están repasadas en canto a persoal que ten prazas, queda dar un repaso final para matizar puntos de reestructuración... e outros...

3.- Saúde Laboral.- A normativa recente obriga ao persoal con acomodo por saúde laboral a concursar ao seu posto, para poder cumprir con esta obriga as prazas ocupadas por persoas de saúde laboral deberían saír todas... As bases dos acomodos recollen que sairán a concurso todas as prazas, as excepcións que nomean non se refiren a estas...

4.- Queda pendente o repaso das vacantes para sacar a concurso, en tódalas categorías, outro escollo aquí refírese ás prazas de Enfermeira da Unidade de Psiquiatría, xa que unha especialidade recoñecida  non conta con prazas reclasificadas de Enfermeira Especialista...

Podedes crer que traballamos para que non se lesione a ninguén, ou que si esto sucede se lesione o menos posible.

A nosa obsesión é actuar neste tema, e noutros, como se debe, en ningún caso como se quere ou por interese particular

 

 

TEDES A NOSA PORTA ABERTA PARA PREGUNTAR O QUE CONSIDEREDES E OPINAR TAMÉN O QUE QUEIRADES, A CAMBIO, UNICAMENTE, DO COMPROMISO DE ESCOITARNOS NO QUE TEMOS QUE DICIR

 

 

Informaremos do que aconteza coma sempre