Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O luns 26 de decembro tivo lugar unha rolda de prensa dada polo Comité de centros de Atención Primaria, que foi convocada por unanimidade do comité, pero.. chegado o día, asisten tódolos sindicatos excepto CSIF e CESMOmega.
A Rolda de Prensa tiña como obxectivo facer público por n-ésima vez, o deterioro que están a sufrir os usuarios dos centros de saúde, e o incremento de cargas de traballo dos profesionais a niveis inadmisibles, por mor da política economicista da actual Xerencia de Atención Primaria, a cal consiste no bloqueo de axendas dos profesionais, míminas intersubstitucións, nula contratación do persoal das listas, ausencia de substitucións nas unidades de cita previa.. ata aforran coa calefacción dos centros, pero todo a costa da cidadanía, que é en última instancia quen sufre que o seu médico/enfemeira/administrativo de referencia non teña substituto.

Deixamos aquí enlaces de prensa:

La Voz de Galicia 

El Progreso