Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 O Comité de Primaria enviou esta nota de prensa aos medios de comunicación:

O Comité de Centros da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, formado polas seguintes organización sindicais SAE, UGT, CCOO, CSIF, CESM-Omega, SATSE e CIG-Saúde:

 

Manifestamos por n-ésima vez o noso máis amplo rexeitamento da política de RRHH, levada a cabo polo equipo xestor da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, a cal se caracteriza por:

 

1.      Prioridade absoluta da non substitución das ausencias do persoal de cadro, é decir, a contratación do persoal das distintas listaxes de contratación é testimonial, o que pon de manifesto o deterioro na calidade asistencial que se presta aos cidadáns, e aumenta as listas do paro en tódalas categorías profesionais.

2.      Incumprimento reiterado da normativa en materia de contratacións, xa que as poucas contratacións que se realizan fanse abusando da contratación “fora de cadro de persoal” , cando debería ser usado a fórmula do contrado de “substitucións” que é moito máis garantista dos dereitos dos profesionais.

3.      Dende o nomeamento deste equipo directivo vense producindo o incumprimento reiterado e no tempo da normativa aplicable en materia de substitucións. (Orde 16 de xuño de 2008, a cal prioriza a contratación de substitutos).

4.      Contratacións a tempo parcial, por horas.. que provoca a perda da posibilidade de continuar a contratación cando se xera outra situación do titular, e a maiores creanse graves dificultades de atención sanitaria naquela franxa horaria no que o centro se queda sen profesional que atenda aos usuarios

5.      Mobilizacións de profesionais duns centros a outros que non se entenden ni por parte da cidadanía, nin dos veciños adscritos aos centros de saúde.

 

Dende este comité entendemos que a situación na atención primaria en Lugo é insostible, e polo tanto, temos solicitada reunión con carácter de urxencia coa XAP Lugo, co ánimo unha vez máis de que sexa productiva, anque moito nos tememos que coma sempre non aporten solucións e se enroquen nalgunha resposta de manual, e unha vez máis non nos aportarán  a información solicitada dende hai meses por parte desde comité, incumprindo novamente a normativa a tal efecto.

 

 

 

Comité Centros Atención Primaria, 21 de setembro de 2012.