Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A DEOXI presentounos ás OOSS un borrador de proxecto de mobilidade voluntaria provisional dentro do ámbito da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte:

Resumo:

- Para persoal fixo con praza en propiedade dentro da EOXI. (algunhas categorías estarán excluídas)

- Provisional, é dicir o posto solicitado sempre se conquerirá con carácter provisional.

- Permitirá a mobilidade provisonal entre A.Primaria e A. Especializada, e entre as tres áreas sanitarias (Lugo, Cervo e Monforte), é dicir, permitirá mobilidade provisional entre os centros de Primaria, entre os Hospitais (Hula, Burela e Monforte), da Primaria aos hospitais, e dos hospitais a Centros de Primaria.

- Periodicidade anual.

- Suxeito a baremo.

- Postos non ocupados.


A seguinte reunión datada coa DEOXI para seguir avanzando neste proxecto é este venres 21 de febreiro.