Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

ABERTO PRAZO SOLICITUDE: 3 DE ABRIL

 O 31 de marzo, publicabase a convocatoria do procedemento de mobilidade voluntaria provisional no ámbito da estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, que tedes á vosa disposición tanto nos taboleiros de anuncios dos Hospitais Lucus Augusti, da Costa e de Monforte de Lemos como no seguinte enlace:

 

http://hlcal116s/eoxi/administracion/APLIC/POSTIT/files/1396263202_506.pdf

 

O prazo de presentación de solicitudes iniciase hoxe día 3 de abril de 2014 e finalizará o martes día 22 de abril de 2014  (ambos inclusive).

 

O proceso levarase a cabo a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos), sendo ademais requisito imprescindible formalizar o rexistro dentro de prazo, preferentemente nos rexistros da Xerencia de Xestión Integrada, sitos no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, no Hospital da Costa de Burela e no Hospital de Monforte.

 

Para dúbidas ou aclaracións podedes chamar ao 982 296537. (Local Sindical CIG-Saúde- HULA)