Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
RAJOYBOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO


Núm. 226
Miércoles 17 de septiembre de 2014
Sec. I. Pág. 72366
Tres.
Se modifica la letra k) del artículo 48, que queda redactada como sigue:

«Los funcionarios públicos tendrán los siguientes permisos.
(...)
k)
Por asuntos particulares, cinco días al año.»

http://www.boe.es/boe/dias/2014/09/17/pdfs/BOE-A-2014-9467.pdf


Desde CIG-Saúde queremos lembrar a todo o persoal que este Día de Libre Disposición non é un agasallo que nos queiran facer chegar desde a Administración, posto que previamente se nos retiraron días de Libre disposición do EBEP e outros  da lexislación galega e agora pretenden calarnos devolvendo días de un en un. 

Queda patente a estratexia de despiste que está a seguir a Administración Rajoy, parecen pensar: "vaiámoslles devolvendo días de 1 en 1, para que vaian estando contentos/as  e non molesten demasiado exixindo os outros dereitos roubados".

Non caiamos na trampa. Non nos están dando nada que non sexa noso, é a devolución do que antes nos roubaron.

Seguimos exixindo que se nos restitúan os dereitos que tiñamos, tanto de xornada e permisos como retributivos.