Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Levamos anos na mesma pelexa, porque vemos que a Sanidade Pública está caendo polo desaugue do fregadeiro dos distintos gobernos do PP.

O Hula usouse primeiro como propaganda política (mirade este enlace), daquela non podíamos nin pensar que se mantería pechado adrede, facendo cisco a placa da súa inauguración: Das galegas e galegos  de hoxe para a Galicia de mañá.

Dende o punto de vista da CIG a política que se está a seguir é unha vergoña, os criterios parecen claros: A destrución do Sistema Público por riba de todo.

Na Atención Primaria o criterio de substitución non o marcan as necesidades da poboación se non os concursos do SERGAS, é dicir, se unha enfermeira/médic@ se move de Castroverde a Lugo deixan o posto sen cubrir, pero como saíu a traslados, cando se incorpore alguén no concurso volverá a estar ocupada.

Na Atención Hospitalaria, do que se trata é de pechar camas, así o hospital permanece parado, o persoal úsase para cubrir ausencias, a xente da lista non logra un só contrato, pode ser que haxa ceses porque non hai hospital para traballar. Tódalas categorías estamos afectadas, cada vez máis afectadas…. E non ten pinta de que isto se vaia parar.

Mentres usuarios/as, están derivándose á Sanidade Privada xunto cos cartos que terían que vir para a Sanidade Pública, mentres conseguen que non poidamos atender aos doentes como é debido, será para que non noten a diferencia cando comparen coa privada.

É imprescindible que defendamos a NOSA SANIDADE, por responsabilidade, por supervivencia, pola nosa dobre dimensión de usuari@s e profesionais.