Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

NÓMINAS COMPLEMENTARIAS POR MOR DA OBRIGA DE COTIZAR OS SALARIOS EN ESPECIE

O pasado 21 de decembro de 2013, publicouse no BOE diversos cambios da normativa aplicable a cotizacións da Seguridade Social.

Entre esas novidades está a ampliación dos conceptos salariais polos cales as empresas e traballadores deben cotizar a Seguridade Social. Deste xeito, gran parte dos salarios en especie (vales comida, dietas viaxe, dietas comida, cheques gardería, etc…) pasan de non cotizar, a cotizar polo seu valor íntegro.

Estas novidades entraron en vigor de inmediato, no obstante había prazo ata o 30 de setembro para regularizar e poñerse ao día coa Seguridade Social, prazo que esgotou a nosa EOXI, e por iso as persoas que teñen salario en especie por mor da súas quendas de traballo ou do horario da súa prestación sanitaria (PACs, MIR, EIR, FEAS...) están a recibir nóminas de regularización desta cotización.

O que supón isto é que (na grande maioría dos casos) increméntase a base de cotización e polo tanto o líquido a percibir é menor (cóbrase menos).