Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

No día de mañá o sindicato SAE ten convocada unha concentración en apoio á TCAE infectada de ébola en Madrid, esta convocatoria fíxose hoxe, xusto cando a Xunta de persoal da área de Lugo estaba a facela, xa que a petición de reunión urxente co Xerente para tratar o tema non tivo resposta.

                É por isto que mañá haberá dúas convocatorias á mesma hora e no mesmo lugar, xa que as compañeiras do SAE rexeitaron que se convocara como Xunta de Persoal.

                Non temos nin idea do que motiva que convoquen outras organizacións sindicais, presupoñemos que SAE convoca porque o considera unha cuestión profesional e pretende facela rendible, o resto ignorámolo… pero sabemos porque convoca a CIG.

                A CIG convoca, efectivamente en apoio da compañeira que se atopa en estado grave, xa que consideramos que foi culpada sen reparos, e incluso presionada para autoinculparse, xusto cando se atopaba nun momento de gran debilidade física e emocional.

                Convocamos porque as autoridades de Madrid con moi pouca vergoña consideraron que hai que parar a investigación dos fallos do protocolo porque achacan o contaxio ao erro humano da nosa compañeira e cuasi conveciña.

                Convocamos porque alí os cargos políticos e autoridades sanitarias obraron cunha absoluta irresponsabilidade que se está a repetir aquí.

                A CIG sacará o seu comunicado á maior brevidade, como non pode ser doutro xeito, e mentres exixe ás autoridades sanitarias que tomen en serio este problema, pola seguridade da poboación e pola do persoal sanitario. A maiores exixirá responsabilidades políticas, incluído ao Xerente do HULA que no canto de organizar e tranquilizar ao persoal o que fai é esconderse e desaparecer….

POLO TANTO, VENRES DÍA 10 ÁS 11,30HS CONCENTRACIÓN NA ENTRADA DO HULA

Día Mundial da Saúde Mental

            Mañá na entrada do HULA farase unha pegada de carteis ao remate da concentración polo ébola, sobre as 12 da mañá.

                A continuación engádese o enlace da proposta de declaración parlamentar dos grupos da oposición en contraposición á ficticia declaración institucional da consellería de tódolos anos. PROPOSTA_DO_MOVEMENTO_GALEGO_DA_SADE_MENTAL_S_GRUPOS_PARLAMENTARIOS_DO_PARLAMENTO_DE_GALICIA_Alb.docx

E o Declaracin_MGSM_Dia_Mundial_Sade_Mental_10_de_Outubro.pdf de cara a este día do Movemento Galego da Saúde Mental

(cousas da informática, onde pon Sade debería poñer saúde)

Pregamos lle comuniquedes estas novas @s compañeir@s que traballan mañá de mañá