Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo


10561683_851808421526484_4911621992459798335_n

KIT Ébola para Primaria

DESCULPAS PORQUE ONTE SEI QUE NON SE VÍAN OS ENLACES, ESTÁ CORRIXIDO.

Na mañá de onte estivemos máis de  dúas horas nunha reunión coa Xerencia sobre o tema do ébola.

Esta reunión foi a petición da Xunta de Persoal, a CIG e o SATSE levamos este tema e a reunión pediuse a instancias da CIG, nunca saberemos se se faría esta convocatoria.

Foi unha reunión multitudinaria: Xunta de Persoal, Comité de Primaria e Dirección en pleno,  botamos en falta á Dra de Enfermería e máis ao Presidente da Xunta de Persoal.

Estivo presente o Xefe de Servizo de Preventiva, que todo hai que dicilo, foi o que aportou valor á reunión, xa que levou o peso da mesma.

ESQUEMA DO ARTIGO:

1.-QUINTAS (Medicina Preventiva) ---> Un home autodidacta, xa que o que fixo non foi por orde de ninguén senón por iniciativa súa

2.-FERNANDO LAMELO ( Dirección Médica)

3.-CIG

4.-EPIs (Equipos de Protección Individual)

5.-FORMACIÓN

6.-PROTOCOLOS

7.-O XERENTE

8.-OUTR@S


CONCLUSIÓNS


Evidentemente esta reunión que mantivemos sobre o ébola non se dá recollido nun simple escrito, probablemente quede información no tinteiro. O resumo desta está baixo este epígrafe: CONCLUSIÓNS.

A parte técnico-profesional está cuberta porque o traballo teórico está feito, pero nin hai protocolos nin o persoal sabe o que ten que facer, Preventiva fixo ben o seu traballo e en tempo e forma, a Dirección “política” dedicouse a cubrir as espaldas sen facer ningún traballo que redundara no ben da poboación, nin na protección do persoal.

Dende a Dirección din que ata se fixeron simulacros, o que pasa é que ninguén se enterou….

As charlas foron voluntarias, sen control de asistencia ….

Os EPIS, patéticos…

Non sabemos se o famoso interrogante ? logrou un sitio dentro das cabezas pensantes do noso centro, nin se a Comisión de seguimento do ébola que vén de crear a consellería vai servir para algo. Aquí houbo quen, moi honestamente, recoñeceu a falta de comunicación e as eivas na coordinación, pero dende logo non foi a Dirección.

A conclusión máis contundente vén sendo: se aparece un caso real “deus nos colla confesad@s”

Recomendo persoalmente, sobre todo ao persoal da Primaria, que lea o protocolo do consejo interterritorial ata onde pon “no mantener contacto con el paciente” (a parte de “si no es necesario” será mellor que a omitan, para evitar desgrazas maiores, máis que nada.

Para quen teña gana de ler, UNHA_COLUMNA1.doc vén o artigo dende o inicio

* clarificar que as limpadoras que se "formaron" son as do servizo de urxencias do hospital, e serían estas as que irían aos centros de saúde se fora preciso.