Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CONSELLEIRA:

COMO PODE MENTIR, E QUEDARSE TAN PANCHA????

A táctica dos membros do goberno do PP é mentir, aínda a sabendas que o fan, por que sabendo, que nos cabrearemos e contestaremos, tamén saben, que a plataforma informativa non é nin de lonxe a mesma que teñen eles. Minten e minten e sempre queda algo, porque a súas mentiras se oen moito máis alto e chegan a tódolos medios  e as  verdades do pobo no dia a dia case nin se escoitan.

O domingo dia 16 a conselleira de sanidade Rocio Mosquera quedouse tan pancha dicindo que no Sergas se fan contratos para substitucións e que se contrata moito, que son anecdóticos os contratos que se fan por un dia, e que se cobren baixas, permisos bla bla bla…...

O raro é que non lle notemos que lle medre o nariz, porque a estas alturas tería que ser un nariz escandaloso.

Periodicamente fáísenos chegar a relación de nomeamentos coas listas dos contratos que se dan dende esta xerencia, e como debe ser este sindicato conta e reconta, e ve o que ve,  e temos que dicirlle a Sra. Rocio Mosquera que minte,e de que xeito,  que os contratos que se fan por un dia en reforzo cubrindo baixas, permisos etc non so non é unha anécdota, senón que se pode dicir que é a práctica  máis habitual sobre todo dende que ela e a conselleira.

Nun período comprendido dende 13/10/2014 ata 12/11/2014  en atención primaria de Lugo se fixeron un total de 340 contratos de un dia en diferentes categorías por reforzos que non son tales pero así os fan.

Na atención especializada no HULA, no período de 23/09/2014 ata 30/09/2014 se fixeron 448 contratos de un dia repartidos entre tódalas categorías.

Podían facer o mesmo con vostede e contratala de luns a venres (se non hai festivos polo medio) ou en días alternos, ou por horas así tamén tería un cento de contratos e os números serían marabillosos o ver a gran cantidade de contratación que fai a súa consellería

A precariedade no emprego do persoal das listas de contratación e un feito, e o que isto conduce e unha precariedade na atención xa que os profesionais non están a ser substituídos .

Non minta máis Conselleira que aínda que non nos escoiten como a vostede, seguiremos berrando .