Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Dende Cig-saúde velando unha vez máis pola saúde dos traballadores deste centro, instamos á xerencia a que se estableza un protocolo de actuación para os casos de exposición e/ou contacto cun paciente ao que lle sexa diagnosticado unha meninxite bacteriana. Xa van varias veces nas que no Servizo de Urxencias se atende a algún paciente que horas máis tarde do seu paso por este servizo se lle fai este diágnostico, e o persoal que estivo en contacto con este paciente entérase, no mellor dos casos, días máis tarde, e sempre dun xeito extraoficial, é dicir, a través dos compañeiros. Sendo tamén a decisión de iniciar a terapia profiláctica un tema que se decide falando cos propios compañeriros da urxencia, sen ter unha valoración seria e oficial de cada caso.

Segundo os protocolos que están publicados na páxina web do sergas, a administraciòn da terapia profiláctica debe facerse inmediatamente despois do contacto, sendo sempre preferible nas 24 horas que seguen ao ingreso hospitalario, xa que os beneficios atribuídos á profilaxe vai diminuíndo co paso dos días e non se recomenda pasados os 10 días.

E por eso, que insistimos na necesidade de regular este procedemento dende o momento 0 que empezaría por un sistema de alerta no que todos os traballadores afectados de calquera dos servizos polos que pase o paciente con este diagnóstico sexan avisados e se lles informe do procedemento a seguir.

Este tema levarase por parte desta central sindical ao vindeiro Comité de Saúde Laboral que será o 19/12/2014, ademais de poñelo xa en coñecemento desta xerencia.