Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



  

Igual vos preguntades o porqué de semellante desatino, pero évos ben certo que a Sra logrou dinamizar ao persoal con 2 declaracións máis que a CIG con 25500 convocatorias.

E logo non?, a boa da muller di que os contratos de reforzo son excepcionais, que non hai motivo para facelos (cando hai categorías enteiras que só teñen este tipo de contratos)…. E por fin sae a vea sensible do persoal contratado e logran enfurecerse, tanto que un novo sindicato recén creado se manifesta como primeiro protestante ante tamaña desvergoña.

Parten dun erro fácil, confundir o Pacto de contratacións coas contratacións, por se a alguén lle interesa diremos que o Pacto ordea os chamamentos, pero son as Xerencias as únicas que deciden que tipo de contrato se fai, polo tanto, é a dirección política dos Centros a que decide pervertir o tipo de contratación, sen que o Pacto teña nada que ver.

Por outra banda, dicir que calquera contestación ao actual estado de cousas é benvida….. esperamos que non deixen de demandar cousas xustas, compartimos plenamente a penosidade que hoxe en día vive o persoal das listaxes de contratacións de calquera categoría.

É por isto que a Sra Conselleira, unha muller sensible, sen dúbida, declara no diario El Progreso esta fin de semana, que o SERGAS non é unha axencia de contratación, e polo tanto contrata como lle sae da gana, que a súa función é a asistencia sanitaria.

A Sra non sabe que o sergas nin contrata nin asiste... é todo unha macro penosidade, tampouco sabe que a ela a escolleron para cumprir unha función social, en apoio á cidadanía e comunidade e na súa representación (dos contratad@s e d@s doentes)... mais ela esqueceuno, como o seu amigo Feijóo e agora ambos se dedican a mandar en benificio dos seus amigos... eses empresarios con “pasta” que se atopan construíndo o hospital de Vigo, ou rexentando POVISA ou dos que se farán cargo da radioterapia e da medicina nuclear do HULA, que xa sabedes que o segundo acelerador só virá cando o servizo estea “rodado”.... un escándalo de declaracións.... tan atinadas que igual acabamos cun servizo móbil para os novos servizos, que por certo... aínda non sabemos para cando....

 AH!!!!!!!!!! NON ESQUEZADES QUE SEGUIMOS A ESTAR AQUÍ...... DÍA 3 DE DECEMBRO CONCENTRACIÓN NO VESTIBULO DO HULA POR UNHAS CONTRATACIÓNS DIGNAS.....