Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Mais de 6 meses despois de terse producida a avaría da sonda do aparato de manometrías rectais -proba diagnóstica realizada nunha consulda de Dixestivo- por fin parece que se repuxo (creemos que se mercou nova), poñendo fin a un retraso intolerábel e escandaloso, que afectou a mais de 50 pacentes e que motivou mesmo a denúnica pública dalgúns.




Dende a CIG-SAÚDE queremos insistir en relacionar esta tardanza, fóra de todo prazo razoábel, coa privatización do mantemento dos equipos de electromedicina, adxudicado á empresa IBERMANSA por unha cantidade que ronda os 28.000.000 € . Este caso en concreto amosa dun xeito nítido cómo, cando se trata dunha reparación ou reposición que esixe un desembolso económico elevado, a empresa resístese ata o infinito, emprendendo un proceso de discusión interminábel no que predomina o interese lucrativo por encima do sanitário. E o peor é que ao final o SERGAS pague por un lado a totalidade da contrata e por outro os custes que esta non queira asumir.




En base a todo o anterior, dende a Secc. Sindical da CIG-SAÚDE témos dirixido escrito á Xeréncia do HULA esixindo que, por unha parte, nos informe sobre se ten decidido aplicar a penalización que corresponda na facturación da empresa IBERMANSA, ou -como nos tememos e como ven sucedendo- non se vai ter en conta o incumprimento e se vai pagar o 100% do facturado, e, por outra, que se nos diga cómo teñen pensado recuparar a normalidade na citada consulta, superando o enorme atraso producido.