Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

No día de hoxe a CIG acudiu, con unha representación da maioría do persoal do Servizo de Urxencia (Médico, DUE, TCAE e celador), á reunión que tiña solicitada coa Xerencia.

Nela o persoal manifestou a súa visión da Unidade e os seus problemas , tanto organizativos e laborais como de Calidade Asistencial nos seguintes termos:

Consideraron que a afluencia de doentes se mantén na media, (aínda que os doentes son máis idosos, as súas patoloxías máis complexas e a asistencia sanitaria é de maior calidade, e por isto leva máis tempo), xorden “colapsos” para o persoal cando se xuntan os picos de afluencia coa falta de saída de doentes da urxencia, o cal dá a imaxe de hacinamento que habitualmente se ve, repercute nas cargas de traballo e nos tempos de espera dos doentes....

Por que non dan saído os pacientes de Urxencias?.- Dende o punto de vista do persoal non drena polo bloqueo de camas, pola tardanza na recepción de ingresos nas Plantas de hospitalización ou ben pola demora en que a única ambulancia que traslada doentes de alta ao domicilio estea ocupada...

Por que hai hacinamento?.- Porque non ha saída de doentes, cara o seu destino. A máis disto, hai un condicionante estrutural polo deseño do espazo físico, onde hai poucas zonas de privacidade e moitos corredores, o que non garante unha estancia do doente e acompañantes coa suficiente dignidade e confortabilidade.

Como repercute isto no persoal por colectivos?

- O persoal de Enfermería (DUE, TCAE) e celadores/as, teñen que atender durante horas a pacientes con cama asignada, pero pendentes de ingresar, ou en espera de asignación de cama, estes doentes teñen unhas necesidades asistencias de grandes dimensións (por isto ingresan) tales como: administración de medicación, monitorización, realización de técnicas específicas, aseo, , acompañamento a consultas, endoscopias, xesos...para as cales as plantillas de persoal non están dimesionadas, co agravante de que nin siquera se reforzan algunhas das categorias (véxase: DUE ou celador/a)

-Médicos, ás veces non teñen tempo nin para comer, compiten con outros médicos por un espazo físico para ver doentes, os requerimentos ao persoal de Enfermería e celadores/as non poden ser satisfeitos no tempo esperado polas cargas de traballo adicionais ás que estes están sometidos...

Que pasa cando os pacientes comezan a saír de urxencias para o seus destinos?.- Os doentes móvense todos nunha pequena franxa horaria, a partir das 19 hs... despois de innumerables horas de espera e os/as celadores non dan abasto, o servizo queda sen este persoal e polo tanto a atención aos novos doentes que chegan vese enlentecida ou freada.

Agora toca falar da reacción do Xerente a estas demandas:

-Fixo varias preguntas ao persoal presente, para clarexar dúbidas ou pedir opinións sobre cuestións concretas.

-Pero máis alá de manifestar que anotara os problema relatados (dos que cando menos en parte xa tiña coñecemento), só acadou o compromiso de valoralos con calma pero sen dilación.

Nin que dicir ten que o persoal a máis de enumerar os problemas que os/as acucian tamén expuxo numerosas posibilidades de solución, bastante efectivas e nada custosas a maioría delas.

A sensación coa que se saiu da reunión non deixou de ser agridoce, a pesar de ter a esperanza de que poida ser produtiva, o cal melloraría a calidade asistencial e confortabilidade dos pacientes ao tempo de mellorar as condición laborais.




CIG-Saúde