Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



 
A CIG-Saúde consegue que o SERGAS se pronuncie nos medios de comunicación a respecto dos novos servizos para o HULA, xa que tiñamos solicitada reunión co Xerente do SERGAS para que nos explicara o modelo e xestión de RRHH que se ía crear para dotar estes servizos e ista reunión nunca se produciu por negativa do propio Xerente.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2015/06/16/sergas-descarta-desplazar-hula-radioterapeutas-centros-gallegos/00031434402499254764226.htm

IMG_20150616_1010326341





cig_confederacin




Alerta da posibilidade de que se pretenda dotar esas unidades con persoal privado

CIG-Saúde demanda da xerencia do SERGAS información sobre a planificación prevista para as unidades de Medicina Nuclear e Radioterapia do HULA

Lugo, 11 de xuño de 2015.- En recentes declaracións tanto o presidente da Xunta como o Xerente do SERGAS anunciaban que antes do remate deste ano os novos servizos prometidos para o HULA, Medicina Nuclear e Radioterapia, abrirían, no primeiro caso en setembro e no segundo en decembro. Con este motivo a CIG-Saúde de Lugo solicitou, hai xa 15 días, unha xuntanza co Xerente do SERGAS para coñecer a planificación prevista en materia de persoal. Diante da falta de resposta a CIG-Saúde témese que a previsión sexa dotar estas unidades con persoal privado.

Así o explica Carme Aira quen sinala quen asegura que, ante a falta de resposta “supoñemos que non hai un modelo deseñado de dotación de Recursos Humanos para estas unidades e isto á súa vez, nos fai sospeitar que ese modelo probablemente sexa privado”.

Diante desta posibilidade Aira manifesta o máis enérxico rexeitamento da CIG-Saúde. Subliña que tomando como referencia as unidades de Ourense “descubrimos que a dotación de persoal, tanto técnico como sanitario é importante: ten que haber físicos, ten que haber facultativos especialistas en Medicina Nuclear, Radioterapia…, e todo isto está no aire”.

Sinala que se trata de unidades que habería que dotar cun cadro de persoal de máis de 30 persoas que, de inicio, deberían proceder das listas de contratación que, no caso de Lugo, non teñen Técnicos de Radioterapia, porque só os hai en Vigo e Ourense e en Compostela.

Ante isto reitera a demanda da CIG-Saúde de Lugo de que, desde a Xerencia do SERGAS se marque unha data para esa reunión, e “que nos digan cal é a planificación, con que persoal queren contar e se teñen dimensionadas as necesidades”.

Carme Aira afirma que mentres non se proporcione esa información “seguiremos presupoñendo que esas unidades van abrir con persoal privado e que, en todo caso, non estarán abertas nos tempos que eles din”.

A CIG-Saúde de Lugo subliña que se trata de servizos esenciais para que o HULA e Lugo estean ao mesmo nivel que Ourense, como provincia de referencia. “Non podemos quedar de últimos de toda Galiza despois de tanta promesa política ao respecto e queremos uns servizos que estean a ese nivel”.

 

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega