Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

                Esta tarde enterámonos dun rumor bastante consistente que di literalmente o que segue: “as pacientes femininas de uroloxía van ingresar en breve na planta de xinecoloxía”.

                É dicir, Uro non abre de novo e isto supón que se esparexen os/as doentes prescindindo da especialidade asignada por aparatos e  patoloxías, facendo fincapé só no seu sexo.

              
                Isto motívanos tentar razoalo en alto:


Xénero: http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=x%C3%A9nero , enlazamos o seu significado porque nos parece algo complexo

Sexo: http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=sexo

                Diremos, para aforrar esa lectura, que por xénero as mulleres con patoloxías urolóxicas deberían estar na mesma unidade que os homes con patoloxías urolóxicas

                Por sexo, poden estar en xine ou en calquera outra unidade (poden dividir Xeriatría en Xeriatría Feminina e Xeratría Masculina...) ou elas soas ...

               A cuestión é que aquí a máis de cambiar xénero por sexo, confúndese este outro coa anatomía feminina.

               Dá a impresión que esta Xerencia non sabe o que son os “aparatos” e cuestiona o fundamento das especialidades médicas ou ben que os nenos/as non veñen de París,  quen sabe?

               Ímoslles explicar unha lección de “Érase una vez el cuerpo humano” que se ve que teñen esquecida:

               A anatomía xenital feminina consta de moitos elementos anatómicos, e si que é certo que o meato uretral forma parte da vulva (é dicir, órganos xenitais externos), atopándose aloxado entre o clítoris e o orificio vaxinal, dentro dos labios menores. Ata onde sabemos aquí remata o conto...

              O aparato urinario feminino é practicamente idéntico ao masculino  a excepción da lonxitude da uretra e contén todo o que hai a continuación do meato urinario en sentido ascendente .

             En que se diferenzan pois, estes aparatos? Pois entendemos que un serve para perpetuar a especie procreando e o outro fabrica o pis e evacúao para eliminar os produtos metabólicos que serían tóxicos para o organismo.

             Por clarexar, as mulleres orinan polo seu aparato urinario e paren polo seu aparato reprodutor... isto non o vai dar cambiado a Xerencia aínda que non teñan a humildade de recoñecelo, obviando que nas Especialidades Médicas xa se tiñan dado conta hai moito tempo.

            Veremos grandes cousas no futuro, sen dúbida.... xa podemos estar alerta porque a cousa promete... e ocorrentes son moito, dende logo...


            Pediremos explicacións por isto, non vai ser que aconteza....