Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

                Hoxe non fixo falta convocar á Xerencia con urxencia, realmente convocounos ela. ¿Por qué?

ANTECEDENTES

                Na CIG non temos nin idea... na Primavera pasada tivemos reunión coa Dra de RRHH do SERGAS para tentar saber e forzar a apertura destes servizos con persoal estatutario do SERGAS, xa que as malas linguas o que dicían era que no HULA se ía abrir unha sucursal do Centro Oncolóxico de Galicia, con persoal laboral e de índole indefinida (xa que é un consorcio pero actúa como un privado).

                Hai pouco comunicóusenos, á CIG, que o SERGAS coa Xerencia do HULA viña de rematar a solicitude de persoal á Consellería de Facenda. Daquela pedimos como sindicato individual reunión co Xerente para que nos explicara, a resposta foi que  non tiña nada que dicir que cando o tivera nos convocaría. Pouco despois fomos á convocatoria do novo Conselleiro, daquela á nosa pregunta respondeu que estaba aprobado o persoal estatutario para estes servizos e que ía nos orzamentos do 2016,  que os datos concretos debiamos pedirllos á Xerencia do HULA.... Isto foi a semana pasada, daquela volvemos pedir cita co Xerente, ao que nos respondeu que cando tivera algo que dicir xa nos convocaría..... e ao que lle respondemos que igual sabiamos nós máis que el e que o seu xefe nos remitira á súa persoa para que nos informara dos detalles concretos....

ACTUALIDADE

                Informacións da XERENCIA no día de hoxe. Vanse establecer os seguintes criterios de inicio:

                 Dotación de persoal para a recepción da gammacámara (Medicina Nuclear) e do acelerador de partículas (radioterapia), pertencerá ao CHUS, é dicir as Unidades parece que abriran con persoal cualificado das Unidades que funcionan en Santiago. Mentres, o persoal de plantilla do Hula (TER e DUEs) que require unha capacitación de Seguridade Nuclear para exercer nestes servizos formarase en Santiago. Logo permanecerán un tempo nestas unidades convivindo coa xente do CHUS ata que a súa pericia lles permita desenvolver as tarefas propia de xeito independente, momento en que as unidades lles serán transferidas.

                  O persoal do Oncolóxico virá dar apoio cando se transfiran doentes que comezaron o seu tratamento na Coruña e o rematarán en Lugo.

                  Asevera o Xerente que son os profesionais os que dirán cando están preparados eles e os aparatos para tratar ao/á primeiro/a doente. Sen prazos nen imposicións.

Cuantificación do persoal:

FEAS.- 2 radiofísicos/as; 2 especialistas en radioterapia; 1 especialista en Medicina Nuclear

DUES.- Formaranse para acadar a capacitación 4-5

TER.- Formaranse para acadar a capacitación 4-5 (parece que de inicio pode empezarse con 3)

Técnicos Especialistas en Radioterapia.- Colleranse das listas de contratacións das áreas limítrofes, xa que Lugo non conta con lista a día de hoxe.

O resto do persoal irase incorporando segundo as necesidades derivadas da evolución de ambos servizos....

                Preguntado pola CIG sobre o tempo estimado de instalación dos aparellos, díxosenos que 3-4 semanas. Preguntado polas autorizacións de Seguridade Nuclear díxonos que estarían dentro dese prazo. A posteriori o persoal decidirá cando os aparatos están calibrados... Preguntámoslle tamén pola carteira de servizos, e a cal das existentes se ía equiparar, porque nos parecía de máximos aspirar a tódalas terapia levadas a cabo no oncolóxico, díxonos o Xerente que non había que poñer límites a iso....???

                Preguntamos tamén cal será o número máximo de pacientes a tratar, díxosenos que non era posible sabelo.... preguntamos polo número mínimo e máximo de persoal... tamén se nos dixo que non se podía saber...

                Tamén se falou do embrión da nova planta esa de preingreso... hoxe iniciouse con 3 doentes, mañá 5.... unha enfermeira e unha TCAE... todo para que os doentes cirúrxicos á saída de quirófano se vaian para as súas unidades de referencia, nas que teñen reservadas camas dende o día antes....

                Preguntou de novo a CIG sobre o que se nos explicara na reunión forzada pola Xunta de Persoal sobre o peche de URO, senón entenderamos mal, xa que a maiores da unidade de preingreso se nos falara dunha unidade de curta estancia.... case pretende negarse que se falara diso, mais recoñeceuse que era certo e que se estaba comezando por isto para progresar a máis.... xa se iría vendo.... é dicir, temos a impresión que é un lavado de cara precipitado para calar bocas..... contestatarias, claro... o probe pensou que todos/as asentíramos o día que se nos explicou o intercambio de uro por preingreso.... non sei de onde sacou semellante cousa... dunha lectura errada e impermeable, supoñemos...

                 Queixámonos de que igual que estabamos mal afeitas do traslado do hospital vello ao novo, onde o cronograma estaba perfectamente deseñado e se recollía ao minuto quen, cando, cal, como e onde.... e aquí todo era “xa iremos vendo”.... A Dra Médica recoñeceu que non lles gustaba escribir, pero que todo ía funcionando sen problemas, mais o Xerente picouse e comezou a dicir “no hacemos nada bien, todos son peros, peros, peros...” mesmo parecía Van Gaal dicindo: todo negatif, nada positif, todo negatif, nada positif......

                  Apelou o Xerente á vontade da xente, que era a que levaba adiante os proxectos, pero pasou de recoñecer que non había esforzo ningún para implicar aos profesionais... nin se enterou de que os sistemas tradicionais de dirección igual están obsoletos a estas alturas....

                  Dende a CIG non compartimos para nada esta maneira de facer... non sei se se debe ao “ensaio-erro” como metodoloxía que preside a filosofía da xestión da nosa Xerencia, dende a CIG esperabamos máis unha metodoloxía relacionada co estudo, planificación e  coa evidencia científica.... pero se ve que desta volta non vai poder ser, teremos que esperar ao século XXII.


CONSECUENTES



??????? XA IREMOS VENDO....      algunha cousa non pinta ben....
  

Para esmerados/as que chegárades lendo a este punto, dicir, que os 6 DLDs e os 6 Días soltos de vacacións se poderán coller ata o 31 de Xaneiro, o resto (días de vell@) ata o 30 de abril....