Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

A Sección Sindical da CIG-Saúde no día de hoxe denuncia a situación na que se atopa o HULA, xa que seguen pechadas o mesmo número de camas de sempre mentres o hospital está desbordado por doentes mesturados de moitas especialidades. Pasamos a detallar a distribución de doentes:

Cirurxía 3b1.- ten 4 pacientes de traumatoloxía, 1 paciente de uroloxía, 2 pacientes de c. vascular

Cirurxía 3b2.- 1 paciente de traumatoloxía

Medicina Interna 4c2.- 2 pacientes nefroloxía; 1 de neumoloxía e 1 de hematoloxía

Medicina Interna 3c2.- 1 paciente de traumatoloxía; 1 de oncoloxía ; 2 de nefroloxía e 3 de dixestivo

Medicina Interna 3c1.- 1 de dixestivo; 3 de oncoloxía;  1 cirurxía; 1 de neumoloxía e 1neuro

Nefroloxía e Cirurxía Vascular.- 1 doente de  hematoloxía; 1 de cirurxía; 1 de Medicina interna e 1 de neumoloxía

Neumoloxía 4a2.- 2 doentes de dixestivo

Dixestivo Infecciosos 4a1 .- 1 doente de Medicina Interna; 1 de Cirurxía

Traumatoloxía Uroloxía 2b2.- 1 trauma

Neurocirurxía 1c1.- 2 pacientes de  traumatoloxía e 2 de cirurxía

Dicir ademais que quedaban fóra de Medicina Interna 10 pacientes máis desa especialidade dos que non demos constatado o lugar que ocupaban.

Temos que felicitar ao persoal en primeiro lugar, porque por exemplo, o persoal facultativo para ver aos doentes da súa especialidade ten que facer moitos Km andando pasillos, e ao resto do persoal porque traballar co ratio por paciente xusto e con doentes de ata 6 especialidades diferentes sen perder a cabeza e a paciencia ten un mérito que ninguén lles recoñece.

E dende logo debemos recoñecerlles aos doentes a súa capacidade de aguante.

Apelamos unha vez máis ao sentido común do, recén chegado, Xerente para que bote man deste noso hospital, de xeito inmediato.

As urxencias seguen petadas, reforzan de vez en cando aos facultativos sen reforzar ao resto de persoal, nin abrir camas pechadas co cal a solución se volve ben pobre e non resolve nada.

As esperas para lograr unha cita son interminables, como tamén o é esperar para acceder a atención ao doente....

É urxente a revisión das políticas antigas, tanto de persoal como as organizativas e de sevicios, porque isto comeza a ser insostible.