Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

  

Orde do día:

1.       Cobertura ausencias de TCAE na Unidade de Coidados Especiais de Calde.- Este persoal non se cubre en moitas ocasións con motivo de ausencias por acompañamento a consultas ou acompañamento de traslados ao HULA.  A queixa está máis relacionada co tipo de problemas que xorden e como se resolven ao faltar persoal da quenda e non tanto coas cargas de traballo.

Di a Dirección de Enfermería que se hai máis de 19 pacientes sempre se cubre, e cando hai menos cóntase coa valoración da Supervisora que se ela o considera necesario tamén se cubre, esto na quenda de mañá. Na tarde os permisos cúbrense todos, e o dos traslados valórase, xa que agora o persoal non queda na urxencia co doente, senón que se volve a Calde.

2.       Organización e carga de traballo en diversas plantas.-  Tratouse indistintamente a escaseza de persoal DUE e TCAE. Foise reiterativo no tema de que a figura de correturnos ocupa sitio na carteleira pero á hora da verdade non están, xa que pasan o 100% do tempo cubrindo ausencias das compañeiras. Falamos da dificultade de traballar con múltiples especialidades (ou de repente cunha soa, véxase Trauma), numerosos ingresos, altas, traslados, preparacións de quirófanos... cada día e da necesidade de dotar adecuadamente as plantillas, de manter 4 enfermeiras de mañá e noutros lugares de reforzar TCAE de tarde e de noite.

Di de novo a Dirección de enfermería que haberá que valoralo (esto xa o dixeron 25000 veces máis ou menos), que nalgunhas plantas xa quedan 4 enfermeiras de mañá diariamente, e que como xa dixo noutras ocasións hai que traballar en equipo... Discutimos un bo cacho sobre isto, sacando cada parte a relucir o de sempre.... todo quedou unha vez máis en “Se valorará”

3.       Permisos por ingreso familiares de 1º grao.- Dificultades diarias no desfrute dos permisos básicos fixéronnos solicitar, unha vez máis e con insistencia reunión  monográfica coa Dirección para tratar deste tema, a resposta tamén foi se valorará. Con respecto ao punto concreto sinalamos que nos chamou a atención hai un par de semanas que algunha supervisora se sentira descolocada porque non sabía que os días de permiso se dan en razón de se o domicilio do/a traballador/a está na mesma localidade que o centro de ingreso do familiar ou non e non ten nada que ver co centro de traballo... Quedaron de facer algo ao respecto.

Aproveitaron para comunicarnos a incorporación de 2 novos permisos:

http://www.cig-saude.info/CENTRAL/index.php?option=com_content&view=article&id=1959:permisos-e-licenzas-a-raiz-da-denuncia-da-cig-o-sergas-reconece-algun-permiso-ata-agora-ocultado&catid=64:xornada-permisos-e-licenzas&Itemid=125

 

5.       Vestiarios mixtos na cociña.- Igual diredes: ver para crer... Pois si, na cociña existe un vestiario mixto.... somos transmodernos/as e hai xente á que lle costa cambiarse ante ollos de varios xéneros e sexos...

Di o Dr Técnico (subdirector de recursos económicos) todo escandalizado que é moi curioso que despois de 5 anos haxa queixas, que non hai máis espazo e que tentarán cambiar á persoa que non se sinte cómoda en tal situación... que de ser máis tentarán distribuír o vestiario doutro xeito...

6.       Protocolo de apertura de taquillas.- Parece que non se cumpliu este protocolo nunha ocasión e que houbo unha queixa.... recoñecen o erro e din que xa deron explicacións por escrito á persoa reclamante.

Deixan claro que hai 2 tipos de situacións: - as “batidas”, que están suxeitas a un protocolo que se cumpre tal cual e a apertura puntual dunha taquilla de alguén que non volveu a chave ao remate do contrato, que nese caso faise dun xeito “abreviado”, cunha persoa da oficina do traballador/a e unha compañeira da afectada...

7.       Programa informático de coidados en plantas.- Solicítase perfil de entrada nos programas que recollen coidados dos/as doentes da TCAE... pola facilidade de caer en erros que pode darse cando unha persoa transcribe os coidados para outra, por independencia do colectivo e autonomía da categoría.

Explican que hai 3 perfís de entrada: Farmacéutico/a, Médico/a, Enfermeira, e que iso excede as competencias da dirección do centro xa que é a Dirección de Soporte informático quen o leva, pero que de todos xeitos recollen a demanda e daranlle trámite onde proceda.

8.       Rexistro de pacientes en planta.- Cando se recibe un doente na unidade que vén trasladado de outra, incluído “Agudos” tarda moito en aparecer o seu historial no ordenador, o que acarrea dificultades para a súa atención.

Fala o Xerente da incorporación de programas novos que poden corrixir estas eivas pero que levará tempo, repasarase o circuíto e tentarán darlle prioridade administrativa a este traslado.

9.       Rogos e preguntas

Comunica a Dirección a substitucións das Supervisións da UCI, e comunícasenos a persoa que os susbtituirá.

Dende a CIG preguntamos por qué non se nos comunicou a situación da 2B2, dannos unha breve explicación sobre que xa están as unidades implicadas en aviso e que se tomaron as convintes medidas...

Preguntamos tamén polos acomodos de TCAE que se comprometeron para Abril, por causa de que non saíron os postos de consultas externas. Din que se poñerán con iso, para ver como vai o tema da dixitalización das historias clínicas e que nos reunirán ao respecto.

Con respecto á selección provisional do persoal non sanitario para a Unidade de Radio terapia, pedimos que cando volva acontecer algo así se conte co pertinente persoal a imaxe de como se fai na Dirección de Enfermería, porque así non haberá descontento ante a falta de oportunidade para ocupar un novo posto.

 

E non deu tempo a máis, porque o Comité de Primaria estaba para entrar na súa reunión coa Dirección....