Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Venres 27 de maio

1.- Programa Silicon Hive.- Resposta ás queixa de que no silicon non figura a pauta de sintron ou sintron/heparina e o persoal de enfermaría ten que buscala na historia.

                Explican que si se pode acceder á pauta na pestaña TAO * (non sei se é correcto escrito  así), en todo caso que non figure a pauta xunto coa do resto de medicación enlentece o traballo, que xa de por si co silicon é máis lento que antes. Coma noutras ocasións dixeron que o programa está en evolución que se comentará a Santiago para ver se consideran alguna solución.

2.- Pinches e Illamentos nas Unidades de Hospitalización.- Explicaron que do que se trataba era de minimizar a entrada de numeroso persoal aos cuartos de illamento, polo que o razoable era que entrara o persoal sanitario.

                En todo caso ninguén dixo que as pinches non poideran entrar. Pedimos que sexan informadas elas e o seu “xefe” de que preferentemente entraría o persoal sanitario e comentamos tamén a inseguridade que tiñan que sentir ao non estar formadas nesas cuestións expresamente.

3.- Na reunión estaba presente o Dr Médico e tiveron a ben anticiparse a explicar un tema que xa iamos prantexar, o caso da infección por Klebsiella multirresistente e os illamentos que conleva.

                Díxosenos que no hospital houbera illamentos dende sempre, agora a característica era que había máis bacterias multirresistentes, iso é certo máis neste intre este carácter de normalidade ten aristas...

                Están traballando nun protocolo propio, preventiva, infecciosos, a dr médica e a de enfermería baseado no protocolo existente da Consellería e isto conleva un plan de control con información rápida dos casos, seguimento dos mesmos e alertas dentro do sistema ante futuros reingresos.

                En todo momento no discurso da Dirección estivo presente que todo se baseaba en cumprir coas normas do illamento e o lavado de mans.

                Comentamos que o problema non era ese, que de feito tinhamos enviados 2 escritos á Dirección, que se comezou dando a entender cousas nas que logo se contradiciron e a maiores que cando se traballa con persoal de reforzo, que probablemente non ten experiencia e non pode collela nesas cuestións porque vai rotando, cando se traballa dun xeito forzado... e en malas condicións o persoal non pode ter seguridade e é normal que se preocupe, por el mesmo/a pero tamén polos/as doentes.

4.- Escrito celadores/as urxencias.- Xa non entraron a debater nada porque se creou un grupo de traballo que comezará o día 1 para falar da organización do traballo... etc... pedimos encarecidamente que aínda que participen 3 ou 4 celadores/as da unidade se lle dea a todos/as a oportunidade de poder alegar cousas e comunicarse directamente co grupo de traballo...

                Parece que as padiolas chegaran o xoves, co cal hoxe entendemos que xa están dispoñibles, iso si, dende que dixeron que as pediran parece que chegaron a Lugo a pe.

5.- Pedíronse carteis indicativos para Radioterapia/ máis ocos de parking para o persoal do Pool

A maiores pedimos:

-Insistentemente que se cubran tódalas vacantes que están xurdindo por xubilacións previstas ou sobrevidas...

-Queixámonos de que en MI xa dixeran que para xuño non ían contratar un acúmulo de DUEs porque esa quenda a ía facer a correturnos porque non ía haber traballo, cando o Xoves estaba a planta chea e a non ser que sexan videntes.... non poden saber que é o que acontecerá en xuño.

-Queixámonos tamén das irregularidades na escolla do persoal das unidades que pechan, xa que houbo algunha persoa que non foi adecuadamente informada das súas opcións.... recoñeceron que podía ter acontecido...

-Protestamos tamén porque dende RRHH nos dan os listados de persoal en pdf, cando noutras direccións nos facilitaban unha folla de cálculo cos seu filtros e todo, considerámolo un acto de mala fe, xa que o fan para desmotivarnos á hora de contar o número de contratos lixo que fan....

Que lembre non aconteceu nada máis...