Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

   

1.       Tarefas de limpeza do persoal TCAE.- Volve saír este tema á palestra. A dirección de enfermería especifica que a limpeza do material electromédico e o instrumental non hai dúbida de que pertence a este persoal. Queda claro que os lavacuñas  non e que as Supervisoras deben dirixirse á Dirección de enfermería para clarificar dúbidas e non ao encargado da empresa de limpeza, cousa que de xeito incomprensible viñan facendo.  A CIG o que di aquí é que hai que establecer un mapa de competencias para as TCAE aínda que entendemos que excede o ámbito do HULA correspondendo aos Servizos Centrais do SERGAS.

2.       Deféndese que a unidade de preingresos teña unha soa Supervisora responsable e non varias, xa que isto conduce á desorganización. De todos xeitos temos constancia de que a situación nos últimos tempos mellorou aínda que fora minimamente.

3.       Persoal que entra e sae co uniforme posto.- Parece que se vai enviar un correo masivo advertindo de que isto, xa que profesional e hixienicamente é perigoso e administrativamente tamén, xa que pode supoñer unha falta. Tabaco.- A maiores advirten da laxitude que existe na aplicación da Lei antitabaco no recinto hospitalario, polo que entendemos que tamén van tomar medidas a este respecto.

4.       “Autoconcertación” (peonadas).- Houbo unha organización sindical que pediu reforzo de persoal polas peonadas, ao que a xerencia contestou que só se reforzaría se as cargas de traballo o aconsellaban pero non polas peonadas, xa que o número de camas era o mesmo, con peonadas ou sen elas. A CIG manifestou que tiña presentado un escrito pedindo información, que esperaba que fora respondido, a maiores comentamos que o quirófano da CMA de ollos pasara os dous días da mañá para a tarde co resultado de que de tarde se facían menos doentes nas peonadas que no plan previo das mañás, poñendo de mañás, no seu canto, quirófanos de derma.  O xerente enfadouse dicindo que iso non era posible nin entendible, ao que respondemos que por iso o levabamos alí, que o comprobara e que nos respondera, xa que o lóxico sería que si derma ten atraso nas IQ as peonadas sexan de derma e non de ollos....

5.        Varios: CIG

a.       Hospital de día de oncohematoloxía.- Queixámonos de que debido á non dotar este servizo de suficiente persoal hai unha parte que non se utiliza, isto supón que ás veces unha parte dos/as doentes se van para a casa sen recibir tratamento, co cal teñen que volver ao día seguinte, incluso dende outras áreas sanitarias. A máis de que os/as doentes de hematoloxía que rematan a consulta despois das 14,30 atopan a de Atención Farmacéutica pechada xa e deben tamén demorar o seu tratamento e volver ao día seguinte. A Xerencia  tiña coñecemento destas cuestións, di que lle van dar unha volta para ver como se pode resolver esta cuestión. Escrito remitido pola CIG.

b.      REA.- Peritonectomía.- É unha técnica cirúrxica que se vai implantar no HULA, úsase para tratar pacientes oncolóxicos/as con metástasis no peritoneo, ata o noso centro de referencia era o CHUS. Dado que é unha técnica moi complexa, presentamos unha queixa, primeiro porque se comece o 5 de xullo en pleno período vacacional con persoal sen experiencia, e en segundo lugar porque unha vez máis houbo persoal que non foi informado en tempo e forma, creándose un mundo de rumuroloxía que só fai prexudicar a este persoal, referímonos ao de REA, sendo conscientes de que o gordo desta intervención corresponde ao quirófano, entendemos que o resto de persoal implicado pode que non requira formación pero sí a información pertinente e a tempo. Respondéusenos que o 5 de xullo era unha intervención puntual, con participación de cirurxiáns de Santiago, e que se comezaría en setembro. Tamén se asumiu que si fallaran en informar en tempo e forma ao persoal da REA...

O resto consideramos que foi anecdótico...