Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

  

                  

Dende o anuncio do peche de camas está previsto o peche dunha ala de Cirurxía (das 2 con que conta o Hospital) o día 1 de Xullo, por suposto “ sempre que sexa posible pechar e coa condición de volver abrir se se precisa”...

Esta cuestión pódese comprobar que vén sendo propaganda política, para mitigar a mala impresión que poida causar na poboación , xa que no día de onte no HULA estaba unha das alas de cirurxía chea e na outra 21 doentes ingresados, con camas bloqueadas para evitar máis ingresos, mentres xa hai pacientes de cirurxía na planta de vascular...

Para resumir, estase forzando o peche da unidade, independentemente da ocupación da especialidade que haxa, tal e como xa se fixo co peche do resto de unidades.

A CIG-Saúde ten que resaltar ademais que en toda a provincia de LUGO e nas súas 3 áreas sanitarias quedan abertas, 49 camas desta especialidade, xa que na Mariña deixan abertas 15 e en Lugo 34, mentres en Monforte están todas pechadas.

Parécenos unha gran falta de respecto á poboación que se lles usurpe máis do 50% das camas dunha especialidade  concreta, ademais de ser unha gran falta de respecto para as/os profesionais de enfermería, que unha vez máis volven ver como ninguén respecta a súa especialización e se ven desbordadas/os por causa da mestura de patoloxías, cando  non teñen todos os recursos necesarios para manter o nivel de atención habitual.

Cambian as Xerencias, cambian os Xerentes, mais o discurso e os feitos son os  mesmos, por moito que insistan no número de camas que hai abertas, non nos farán crer que é o mesmo que rompendo as cervicais ingreses en cirurxía, como tampouco é o mesmo que que unha vesícula urxente ingrese en trauma.

Esperamos pois que, desgrazadamente, a xestión de camas no noso centro estea encamiñada todo o verán a non abrir as que están pechadas aínda que fixeran falta, o que consideramos un despropósito.

Sen máis que dicir, un saúdo

 

CIG-SAUDE LUGO