Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

 

                  Asunto:  O HULA, un centro hospitalario ateigado

 

                Ante o peche de camas do HULA, por fin aconteceu o que era de esperar.  Entre onte e hoxe volveu suceder que a ocupación completa das camas que permanecen abertas impide a drenaxe de doentes dende os servizos centrais e as urxencias, de modo que pasa  o seguinte:

-Na Urxencia hacínanse os/as doentes que non poden saír da Unidade pola ocupación que hai nos outros servizos, de modo que esta mañá permanecían nos boxes de atención urxente doentes xa vistos e que deberían  ser usuarios de Observación (que se atopa chea).

-Na Observación permanecen ingresados os doentes que chegan de urxencias e que non se poden ir de alta para as súas casas, ao non haber camas libres en hospitalización.

-Na UCI, que está chea, probablemente haxa pacientes que poderían estar na planta, pero ao non haber camas libres, mantéñense na UCI e así tódolos ingresos que deberían ir para aí son enviados para Reanimación e Despertar.

-Nas Unidades de Hospitalización están os/as todos/as mesturados/as,  múltiples  especialidades que requiren coidados moi dispares, con necesidades e  protocolos moi  diferentes.

                Así que, a CIG-Saúde, unha vez máis ten que reafirmarse na gravidade de pechar un hospital.

                Entendemos que  a orde de non abrir camas é tallante, xa que habendo unha xefatura de garda, esta non é quen de facilitar a profesionais e doentes a atención necesaria, mantendo o estado de “colapso”  hospitalario e a penosidade que isto supón para tódalas partes.

                Reclamamos, por tanto, que se usen os recursos existentes para a correcta atención á poboación e así mesmo se lle faciliten aos profesionais os instrumentos axeitados para poder manter a calidade asistencial na atención sanitaria que prestan.

 

Lugo a 30 de Agosto de 2016



Ás 11 hs a CIG denuncia o ateigamento do HULA e ás 4 da tarde 9 ambulancias está estacionadas na zona de urxencias esperando para transportar pacientes de alta... Isto si que é sanación espontánea...



IMG-20160830-WA0003