Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo




AO XERENTE DA EOXI LUGO, CERVO, MONFORTE



Asunto: Actividade Extraordinaria (peonadas)

A Sección Sindical da CIG-Saúde tivo coñecemento de 2 informacións que decide cotexar con esta Xerencia:

- O pronto comezo de novo da actividade extraordinaria en cirurxía, entendemos que co fin de “adiantar as listas de espera” neste período preelectoral.

A respecto disto deberiamos ter información de se o orzamento que se destine corresponde ao xa estipulado para a actividade extraordinaria previa ao verán, ou ben se trata de unha nova dotación económica.

Así mesmo solicitamos se nos comunique a que especialidades afectará e a que número de usuarios/as.

- Por outra banda, dende o Servizo de Farmacia, e coincidindo coas anteriores peonadas estívose dando saída a centos ou miles de unidades de medicamentos relacionados, sobre todo, coas especialidades de oftalmoloxía e traumatoloxía.

Medicamentos como, colirios oftalmolóxicos, antiinflamatorios, heparinas de baixo peso molecular, protectores gástricos, etc foron enviados recorrentemente aos centros concertados.

Con boa vontade podemos entender que as condicións nas que se contratou a actividade extraordinaria cos centros concertados son distintas ás dos concertos ordinarios, pero dende logo non foi porque dende a Consellería ou esta Xerencia se nos explicara.

Por todo isto, e co afán de lograr a transparencia na Xestión deste Centro Hospitalario, consideramos que sería convinte que se nos fixera chegar a pertinente explicación a todas estas cuestións, interrompendo o hábito da Xerencia de non respondernos a nada do que preguntamos.

Atentamente, un saúdo

CIG-Saúde