Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

1.       Contratos mixtos do persoal facultativo.- PAC/UCI, Urxencias/Primaria, 061/Primaria…. Di que isto está legalmente contemplado en forma programas especiais, debido á dificultade de contratar profesionais nalgúns momentos, o una dificultade de encaixar nas necesidades de servizos determinados, como acontece na UCI, xa que hai suficiente persoal médico contratado pero non o suficiente para cubrir as gardas.

2.       Sintron.- Sigue habendo problemas en varios pobos para que cheguen os resultados dos sintróns que están en rango antes das 15hs, insistimos en que é un trastorno moi importante para a poboación e consideramos que cada vez está menos xustificado que isto suceda.

3.       Urxencias.- Varios temas

a.       Aplicación de protocolos, nomeadamente o profilaxe da meninxite meningocócica, pinchazos accidentais, gripe…. A CIG leva máis ou menos 100 anos loitando porque se faga efectivo o protocolo de profilaxe contra a meninxite meningocócica, simplemente para seguridade do persoal, xa que entendemos que non se poden consumir antibióticos profilacticamente por criterio propio e individual, cousa que temos constancia que se fai entre médicos/as en enfermeiras/os, o único que se nos dixo é que se fará, veremos como.

b.      Relacións humanas.- Dado que o nivel de estrés entre o persoal é evidente, xurden situacións relacionais pouco adecuadas en canto ao trato, polo que consideramos preciso que se lle poña remedio antes de aconsellar ao persoal que plasme as súas queixas con escritos.

c.       Funcionamento de urxencias.- Interesámonos porque como pensan resolver os picos de gripe cando cheguen, xa que o servizo agora mesmo xa se colapsa en tramos horarios de gran afluencia, aínda que a frecuentación diaria se mantén dentro da media.

Insistimos no embotellamento que se provoca por falta de drenaxe da unidade, explicamos unha vez máis que mentres se use observación como zona de ingreso para os/as doentes non se resolverá o problema, xa que os/as pacientes se hacinarán ciscados polos pasillos…. Etc, insistimos en que en moitas ocasións permanecen 72 horas en Observa e que mentres isto non se resolva, seguirán dando altas e ingresando doentes a partires das 12 da noite para dar cabida aos que están chegando.

Resaltamos que estas circunstancias deixan ao persoal da Unidade traballando cunha importante inseguridade xurídica, xa que é moi doado cometer erros que poidan ter transcendencia para eles.

Respondeunos que efectivamente non estábamos no pico máximo de gripe pero que se estaban incrementando os doentes con insuficiencia respiratoria que logo daban positivo para o virus do gripe. Que si existe o plan de continxencias para facerlle fronte a este pico, que non vai haber problema para reforzar ao persoal e que se se precisan abriranse camas (coleximos que a planta de media estancia, a 4B1 que se ía abrir para cirurxía, igual é a que se vai facer cargo dos ingresos por gripe). Ante a nosa pregunta sobre a posibilidade de suspender quirófanos programados, dixo que nunca se tivera que facer e que desta volta tampouco se faría. A maiores insistiu que a directriz transmitida aos facultativos era non deixar doentes en observación máis alá de 24hs e incluso deixar camas libres para a noite porque o máis probable é que se encheran (falamos de observa)…

Quédannos dúbidas sobre a aplicación práctica que se fai desta teoría…. De verdade que ten mérito tanta complicación….

4.       “Reorganización” da Unidade de Saúde Mental

Neste punto temos que distinguir 2 partes:

Primeira, a visión dos feitos da CIG sobre o que aconteceu

Estes días o Xefe de Servizo comunicou aos/ás traballadores/as unha serie de cambios que non teñen tanto que ver coa organización do traballo senón máis co canxe de persoas e postos.

Isto fíxoo de xeito sobrevido, falando parcialmente co persoal, apuntando cambios sen clarexalos, nin explicar por qué nin para qué, por suposto non implicou ao todo o persoal nestas modificacións de postos nin tivo empatía algunha para escoitar as  inquedanzas que viñan de volta por parte do persoal.

Isto reflíctese en que unha psicóloga de aquí se vai para alí, un psiquiatra de alí se vén para aquí, un psicólogo de alá se vai para acullá..... de modo que se move a persoas que levan 20 anos ou máis desenvolvendo unha  actividade con pacientes determinados sen que manifestaran o seu malestar por atendelos e que son cambiados a 1 de febreiro sen outra oportunidade. Entendemos ademais que os curriculums destes profesionais están enfocados á formación derivada dos doentes que tratan.

Evidentemente, isto causou malestar entre os/as profesionais, pero non tiveron opcións de participar no deseño deste maxistral plan.

 Segunda, visión dos feitos da dirección médica

O Xefe de Servizo leva 6 meses dándolle voltas á reorganización do servizo e falando con moita xente xa que hai unha pata coxa no conxunto da Unidade que se pretende corrixir con estes cambios, que pretenden ser substanciais.

Hai que facer rotacións sistemáticas porque son enfermidades de difícil control  e que os profesionais tamén piden cambios.

Presentouse unha proposta de cambio na dirección, tal e como teñen feito outros xefes de servizo e aceptouse.

Todo isto foi explicado o xoves despois da sesión clínica

Dado que as nosas versións son ben distintas o que dixemos foi que non concordábamos co cerre de filas en torno aos xefes, que se facía dende a dirección, e que  nós transmitíamos as queixas do persoal entendíamos, dada a resposta, sabíamos que non se ía cotexar cos profesionais o que nós dicíamos....ao que se nos respondeu que o persoal todo tiña aberta a porta do despacho do Dr Médico e que estaba disposto a escoitar a quen quixera ir alí.

Entendemos que para facer unha reordenación dunha unidade hai que facer unha avaliación previa, constatar o que non funciona segundo obxectivos previos e logo propor motivadamente as modificacións que poidan levar a acadar os obxectivos non conseguidos ou outros novos, isto todo terá que estar documentado e por escrito, e debe ser público, transparente e sen dobreces ou posibilidades interpretativas, cuestión esta que non sucedeu.

De feito pensamos de inicio que isto só estaba motivado polo afán de mover ao psicólogo do COF, que para isto se fixo un  gran esforzo divulgativo e aversivo de cara á súa persoa e ao seu perfil profesional e a motivar que os/as compañeiros/as o consideraran culpable da reordenación, agora pensamos que isto non ten nada que ver co que acontece, xa que esta reordenación pertence, sen dúbida, a un experimento macabro cos profesionais da Saúde Mental de Lugo, e da miña propia colleita digo, que está motivado polo Xefe de Servizo co beneplácito da Dirección Médica.

Consideramos dende a CIG que facer un intercambio arbitrario de profesionais, sen a súa aquiescencia e a súa implicación, como un fracaso grandísimo do sistema, este está formado só por persoas, coas súas taras e as súas miserias, e dá tristura e impotencia ver que o conxunto de todas esas persoas está sendo motivada para que  non causen unha sinerxia positiva senón negativa. Parece incrible que profesionais de máis alta cualificación sexan tratados/as se respecto algún coma se foran infantes incapaces de comprender e por iso se lles dan ordes fundamentadas en peregrinos e caprichosos “argumentos”.

Quero dicir, que persoalmente sinto unha grandísima frustración pola cegueira que vexo a diario nas distintas estruturas do sistema, este ao que algún día lle poñerei a miña persoa e a miña saúde nas súas mans.