Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



Dá algo de pena ver isto, (colgado xa no youtube).

Todo o persoal se está a preguntar como pode pasar isto no noso hospital. Urxencias, farmacia, CMA, radioterapia, a aula de simulación médica, reprografía, almacéns varios... Levamos 7 anos instalad@s sen que pasara algo semellante, atopámonos en Lugo, non no Levante, choveu moito pero moi pouco tempo.... Que é, pois, o que pasou????
 
Supoñemos que aínda non se saberán as causas que fan que chova máis dentro que fóra , en todo caso isto non é de recibo. Se o deseño non é correcto haberá que modificalo, se o problema é de limpezas de canalóns ou desaugues´, xa non sabemos que dicir...

Non podemos entender como no século XXI non hai posibilidades de previr estas situacións. Material perdido, aparataxe de moitos millóns de euros en perigo, a auga baixando polos ocos dos cables de iluminación con riscos para as persoas,  doentes e persoal mollado, o servizo de limpeza sen reforzo ningún ou suficiente....


Parécenos que a Dirección é moi activa recortando dereitos ao persoal e servizos aos doentes pero nada operativa velando por conservar as instalacións ou previr estes problemas que xa pasaron de potenciais a reais.


Entendemos que desgrazadamente todo este descalabro vai repercutir na asistencia sanitaria.


Evidentemente pediremos explicacións por isto.