Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O día 26 de outubro este sindicato rexistrou un escrito, dirixido ao Xerente, onde se relataban unha serie de anomalías  do  Centro de Calde que repercutían negativamente nos/as doentes.

Dado que o Xerente nin nos chamou nin nos respondeu, solicitamos unha reunión con el que se celebrou onte.

Seguramente aínda quedaron por dicir máis cousas que se poden mellorar pero para iso vén un ano detrás do outro.

Con respecto ao tratado, foi o seguinte:

-A ausencia de duchas nos cuartos, cando os pacientes son cada vez de máis idade e lles costa acceder ás bañeiras.

Aquí o Xerente non se pronunciou expresamente. Si que dixo 2 cousas importantes que había diñeiro suficiente para facer inversións e que o diñeiro da madeira vendida sería destinado integramente a proxectos de mellora da habitabilidade e que dentro do plan de humanización se detectarían as áreas que hai que mellorar.

-Camas e colchóns en mal estado, aquí sorprendeuse de que isto fora así, xa que insistiu en que non había problema para cambiar os colchóns que probablemente non todos á vez pero si progresivamente.

-Mal estado dos armarios ou ausencia deles, tomou nota.... sobre entendemos que se corrixirá

-Sillóns, son os que había en Calde, antiergonómicos e duros, atópanse nos cuartos e nas salas da Tv, comprometeuse en investir o necesario para cambiar polo menos os das salas.

-Limpeza, queixámonos da falta de limpadora de noite pero tamén de que as de día teñen que afrontar unhas cargas de traballo moi excesivas.

-Materiais de apoio a mobilidade reducida, cando un/unha residente precisa de un andador ou unha alza para o WC... non só tarda en chegar senón que ás veces vén en mal estado

-Servizo de perruquería insuficiente, non chega co día que vai a compañeira do HULA, nós entendemos que deben ter unha asistencia que atenda ás necesidades hixiénicas ( corte de pelo) como estéticas (tintes, depilacións....)... Tamén dixo que si que iso era posible e que tentarían amañalo.

-Comida de liña fría, comentamos o penoso que era comer de por vida ese tipo de comida. Os/as pacientes síntense frustradas/os e logo gastan moitos cartos nas máquinas sen respectar a súa dieta.... Propuxemos que xa que se vai amañar a zona de cafetería para distintas actividades que se teña en conta para a posibilidade de facer talleres de cociña para que polo menos un día á semana poidan comer comida tradicional.

-Da tala masiva feita queixámonos sobre todo de que non fora progresiva, o Xerente dixo que as árbores estaban en mal estado (aínda que as toradas se vían sás coma mazás) e que por falta de mantemento se producían constantes situacións de perigo por caídas ou cortes de luz ao pobo de Calde. Que o plan se deseñara por técnicos e coa aprobación de medio ambiente. Parece que xa reforestaron algo, pero polas condicións metereolóxicas (de seca) non puideron seguir pero que se fará en canto o tempo o permita.

-O estado dos bancos e demais do xardín é penoso, dixo que evidentemente de agora en adiante se ocuparía do mantemento tanto dos elementos de mobiliario como da vexetación.

Notificamos tamén algunha cousiña máis e deixamos para outro día temas como medios, protocolos e apoios cos que conta o persoal, implicación das xefaturas e mandos intermedios ou a falta de colectivos profesionais como celadores/as ou terapeutas ocupacionais..