Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



 

Tratáronse  varios temas, a maioría presentados pola CIG nesta ocasión, algún deles moi recorrente, recollemos o máis significativo

 

1.       Atención no servizo de urxencias, referido isto aos pacientes pendentes de ingreso.- Explicamos a dificultade que existe nesa unidade polo feito de que non poden restrinxir as entradas de doentes e tampouco poden tomar decisións sobre as saídas dos mesmos da urxencia. Queremos dicir que cando observación está chea e as plantas polas circunstancias que sexa non poden recibir os ingresos, todos quedan na propia urxencia, o cal causa trastornos evidentes tanto para doentes como para o persoal, xa que esta unidade non está deseñada para ter vixiancia ou administrar tratamentos a doentes que deberían estar ingresados.

Tamén nos queixamos de que non se responde con axilidade á necesidade de reforzo nin nas plantas nin na propia urxencia.

Pedimos que se implemente a coordinación entre urxencias e o resto de unidades para darlle axilidade á saída de doentes desta unidade.

A Xerencia responde con infinidade de explicacións sobre picos de actividade por épocas ou tramos horarios, contan que están levando adiante un plan de continxencias que está funcionando, e que as melloras informáticas tamén melloran os tempos, xunto cunha mellor xestión das altas de hospitalización e da ocupación  das ambulancias.

Dan unha estatística atroz sobre o tempo medio de espera entre a “alta de urxencias” e a ocupación real dun paciente en hospitalización que é de 1,3hs.

Para resumir, rematamos dicindo que non queremos máis explicacións, que sabemos perfectamente o que acontece que o que estamos pedindo é solucións a problemas crónicos, que se respecte ao persoal cando pide reforzo e que se facilite a mellor coordinación coa hospitalización.

 

2.       Reforzos persoal sanitario en plantas.- Este tema mesturouse co anterior. Queixámonos de que cando o pico do gripe era máis alto non se reforzara adecuadamente.

Neste punto volve outra estatística atroz, resulta que no 2017 se gastaron 150000€ en reforzos de persoal.

Como sempre, preguntámonos se iso é certo como é posible que o persoal teña a percepción contraria. Haberá que mirar se o fallo é de organización.... xestión...

Insistimos aquí  como no tema anterior que non é unha cuestión de análise cuantitativo senón cualitativo.

Sen negalo, tampouco dá a impresión de que se vaia modificar nada.

Outra OOSS fala da necesidade de incremento de Dues os domingos pola tarde nas plantas de cirurxía, xa que a maiores da actividade habitual teñen que enfrontarse a un gran número de ingresos programados. A Dra de Enfermería responde que ese tema xa se tratou en máis ocasións e que en teoría o venres debería programarse o persoal segundo a actividade asistencial prevista para o domingo.

3.       Limpeza grúa por persoal TCAE.- Este tema levouse xa 100 veces a estas reunións, as OOSS e a Dirección teñen claro que é un traballo da empresa de limpeza, quen parece que non o ten claro é o encargado da limpeza e tampouco algunhas Supervisoras, que recorrentemente volven co mesmo rollo.

4.       Acomodos Internos.- Parece que a intención é que saia a convocatoria a semana próxima.

5.       Celadorxs retén e información.- Trasladamos a queixa dos/as profesionais de que dado que só hai unha sala de Rx moitos volantes urxentes quedan para a noite e son os celadorxs do retén os que teñen que baixar as camas, como son moi xustiños iso é un traballo extra que entorpece bastante outros que teñen que facer. Tomaron nota. Con respecto a información a cousa é que o persoal é utilizado para cubrir ausencias en distintos servizos, como a maioría son de Saúde Laboral todo recae nas mesmas persoas. Falaron aquí da reestruturación na que están traballando e que cando esté rematada iso se corrixirá.

6.       Soros en diversos corredores do HULA.-  Non nos parece o sitio máis idóneo para que se “garden”, están expostos a calquera cousa e a maiores unha parte (os caducados) están rotos e en mal estado. Recoñecen o problema, fálase de habilitar outro espazo ou facer armarios.

7.       Informacións da Xerencia.-

HEMODINÁMICA

- Comunican que se abrirá Hemodinámica ata as 10 da noite de luns a venres e as fins de semana de 8 a 22hs.

Primeiro de nada preguntamos que motivara esta apertura e porque non de noite tamén. Din que a pesares de que a mortalidade por infarto en Lugo está na media do resto das áreas pero que os tempos dende o primeiro síntoma á realización da anxioplastia (cateterismo) si que eran moito máis dilatados que noutras áreas. Loubamos a resistencia da poboación de Lugo, porque con tempos maiores a supervivencia era igual que no resto de Galiza.

Dixeron tamén que foi bo que neste tempo se estabilizara o servizo con profesionais moi competentes e ben formados. Que acabamos de recibir acreditación para formar outros/as hemodinamistas.

Pregunta outra Organización como se vai artellar a asistencia. Din que hai 3 profesionais médicos e 5 DUES formadxs, que Dues se formarán máis. Van facer gardas localizadas, de modo que aos/ás facultativos lles corresponden 10 gardas ao mes, e moitas máis en períodos vacacionais, o cal parece bastante excesivo.

Preguntamos que papel xogaba Medtronic (empresa de xestión coa que a Xunta fixo un convenio de colaboración) no Servizo de cardioloxía e onde se podían consultar as condicións dese convenio. A resposta foi que era unha empresa que se encargaría da análise de datos, formación, mellora de circuítos, calidade, mapas de procesos, etc e que o coñecemento que aportara quedaría para uso do Hospital noutros servizos. A respecto de consultar o convenio respondeume o Xerente que o tiña no seu despacho e que se ía alí mo deixaría consultar... tócate os pés.

MANTEMENTO

-Reordenación do Servizo de Mantemento, explican o novo organigrama. Aproveitamos para insistir na importancia de conservar electromedicina e dotalo cos profesionais necesarios.

 

8.       Varios.- Preguntamos que pasaba en Calde, se estaban a facer unha especie de auditoría, con que persoas e con que fin. Explicounos o Xerente que todo partira dunha queixa que fixera o Movemento Galego de Saúde Mental, dicindo que o persoal de calde trataba mal aos doentes, que ata este momento as denuncias deste movemento foran anónimas pero que agora viran na televisión  ao responsable disto.

Xa contestamos aquí que o MGSM nunca fora anónimo e que era difícil que fora certo que lle botaran a culpa ao persoal do funcionamento imperfecto que se poidera dar.

Dinos o Xerente que o Xefe de Servizo falara con el para pedirlle autorización para que membros da Asociación Galega de Saúde Mental (á que el mesmo pertenece) viñeran visitar o centro e aos/ás traballadoras para demostrar que o que se dixera non era certo  e que el lle dixera que podía traer a quen quixera....

Tamén nos dixo que estas denuncias eran a instancia de algún traballador de Calde que pertencía ao Movemento.

Sinceramente, entendemos que isto é unha manipulación interesada para acusar ao movemento de meterse co persoal para que despois o Xefe de Servizo o salve coa axuda dos seus amigos da Asociación  e do Xerente.

Para a semana faremos un articuliño sobre isto.

Rematamos con 2 problemiñas nos mostradores de citas da 3ª e da 4ª. Altura dos monitores nos que se visualizan os números, xa que a xente tropeza con eles. Situación dos monitores dos ordenadores, pola  súa disposición un usuario/a pode ver a pantalla na que se xestiona a cita de outro