Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
Estimadas compañeiras/os:
A CIG-Saúde forma parte do Movemento Galego de Saúde Mental, creado para a defensa da Sanidade Pública e mellora do tratamento que dentro dela se lle dá á Saúde Mental e aos/as seus usuarios/as.
Enviamos o último comunicado  deste Movemento A_XERENCIA_DO_SERGAS_EN_LUGO_ELUDE_RESPONSABILIDADES_EN_SADE_MENTAL_1.pdf , emítese en resposta a unha nota de prensa cursada pola Xerencia do Hula vertendo unha serie de acusacións inxustificadas.
Ante isto a CIG-Saúde decidiu pedir explicacións ao Xerente na reunión mantida o venres 23, tentaremos resumilo aquí.
Preguntado o Xerente sobre si se estaba levando a cabo algún tipo de auditoría en Calde, con que persoas e con que fin,  este respondeu que fora a raíz das acusacións contra o persoal vertidas polo MGSM (no propio adxunto hai enlace ás denuncias feitas), que ata agora as consideraran como anónimas pero que agora viran ao responsable na TV e que decidiran emitir esa nota, ao tempo o Xefe de Servizo lle pedira autorización para que viñeran participantes da Asociación Galega de Saúde Mental e demostrar que non eran certas.
Tamén chegou a negar que a CIG se reunira con el para evidenciar problemas estruturais do edificio e necesidades de diverso mobiliario. Todo isto nun tono pouco dialogante e bastante irritado.
Por se non quedara claro na mesa queremos puntualizar o que sigue:
O MGSM en ningún momento acusou de nada ao persoal, tal e como se ve nos enlaces que figuran no adxunto, nin ese é o seu cometido, somentes denuncia todas aquelas cuestións que afectan a usuarios/as co fin de melloralas, como así aconteceu ata o momento.
O MGSM non emite comunicados anónimos, está liderado por un profesional concreto co apoio de todas aquelas persoas e  colectivos que o conforman.
Por outra banda, é incrible que se trasmita aos/ás profesionais o bulo de que están no punto de mira, e para "apoialos" o Xefe de Servizo chame ao chou a profesionais da Asociación Galega de Saúde Mental, asociación á que el pertenece e da que foi presidente varios anos e  que o Xerente tamén ao chou o autorice.
Dende a Cig non entendemos ben de que vai isto o que si temos claro é que ESIXIMOS que se deixe en paz ao persoal, basta xa de manipulacións e de vender motos, de dicir que alguén os acusa para que o Xefe de Servizo os salve. Que se centre a Xerencia nos mandos intermedios e na xefatura para que fagan o seu traballo escoitando ao persoal e poñendo a vontade precisa para mellorar as condicións de vida dos/as residentes e as súas posibilidades de recuperación.
Resumindo, o que ESIXIMOS é seriedade, que si tivestes a paciencia de ler isto descubriríades que non ha hai.
Un saúdo