Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo




 

Infórmase que está previsto que o próximo luns, 21 de maio se publiquen os resultados provisionais da fase de concurso da OPE correspondente ás categorías de persoal licenciado sanitario e de xestión e servizos.

 

Infórmase así mesmo que está previsto que o mércores, 23 de maio se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva do concurso de traslados de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria e médico/a asistencial do 061, coa apertura dos prazos de cesamento no centro de orixe e toma de posesión do destino adxudicado establecidos na resolución de convocatoria do proceso.