Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL










Asunto: Falta de roupa no HULA










Dende hai xa unha boa tempada é recorrente a falta de roupa de cama en todo o HULA, isto supón que tamén hai falta en servizos especialmente sensibles.




O malo desta cuestión é que cada vez a situación é peor, a roupa vai facer o lavado á lavandería do CHUAC, pero por algunha causa que descoñecemos, non volve toda; é máis vai unha determinada cantidade de roupa nova e volve a metade de roupa vella.




Non pode ser que en Servizos como urxencias ou UCI, REA queden ás 6 da tarde 4 almofadas e 8 mantas, e que os doentes nas plantas de hospitalización pasen frío porque o pouco que hai se deixa nos servizos mencionados.




A estas alturas do ano non hai cartos para sacar roupa nova, a roupa desaparece na Coruña, programar un sistema de trazabilidade da roupa é moi caro, co cal a cuestión parece irresoluble e é imposible asumir que nun hospital esto non teña remedio.




Non pode ser que o persoal teña que pelexarse por unha peza de roupa para que os/as seus doentes non o pasen mal, tampouco é normal que as traballadoras da lencería teñan que poñer a cara cas compañeiras porque as primeiras pìden roupa e as segundas non a teñen.




Hai 2 meses fomos á Dirección prantexar, unha vez máis, o problema é que a estas alturas seguimos exactamente igual, o máximo que fixeron foi quitar aparcamentos para facerlle sitio ao camión que vén sen roupa, o cal non deixa de ser unha boa sorna….




De feito quen intenta resolver o problema son as traballadoras da lencería, facendo equilibrios numéricos para repartir un pouquiño en cada sitio o cal é ben anómalo.