Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

Cando pasaron xa mais dos 100 días de rigor, o novo goberno da Xunta –sustentado  polo Partido Popular- empeza a deixar ver determinadas directrices do que será a súa actuación política. Dende a CIG-SAÚDE queremos resaltar algunhas delas, e poñernos en garda polo que se nos aveciña.

 

Empezaremos por dicir que ninguén se pode chamar a engano a estas alturas se o Partido Popular pon en marcha políticas que favorezan os intereses do poder económico, do capital, dos seus aliados, en detrimento dos intereses da maioría social: dos que vivimos do noso traballo.

 

Neste sentido encaixan perfectamente as primeiras actuacións que ou xa se puxeron en marcha ou se anuncian como intencións de futuro:

 

-         Supresión da gratuidade dos Libros de Texto e reestructuracións e recortes no Ensino Público fronte a subvencións por valor de 3.000.000 € a coléxios extremistas do OPUS que practican a segregación de sexos.

-         Paralización da posta en marcha da Lei da Dependéncia, pola que agardan miles de persoas fronte á autorización a Pescanova para que invada a Rede Natura en Touriñán, ou á derogación do concurso eólico para favorecer intereses inconfesables, e así sucesivamente.

 

Tamén no noso sector se poden sacar xa algunhas conclusións:

 

ü      Frenazo en seco á negociación da Carreira Profesional Ordinária, lesionando       gravemente as lexítimas expectativas dunha boa parte dos cadros de persoal.

ü      Recortes anunciados no gasto en reforzos e substitucións, o que redundará no empeoramento das cargas e condicións de traballo. Probable recorte no Plan Mellora de Atención Primária.

ü       Ataque sen precedentes aos dereitos laborais mais elementais como é o caso de determinado persoal de Enfermaría do Meixoeiro de Vigo obrigado a desprazarse a unha clínica privada para desenvolver alí o seu traballo.

 

Pero, pola outra banda:

 

ü      Intencións xa anunciadas de dar entrada ao capital privado na financiación dos novos Hospitais de Vigo e Pontevedra, copiando dos seus homólogos de Madrid. É dicir, CONVERTIR A SANIDADE PÚBLICA NUNHA OPORTUNIDADE DE NEGÓCIO SEGURO PARA O CAPITAL PRIVADO.

 

Ante esta realidade, dende a CIG-SAÚDE estamos en disposición de loitar con todas as nosas forzas (as de todos e todas vós) para evitar que estas políticas tan descaradamente favorecedoras duns intereses (os do capital) e tan manifestamente contrárias aos dos outros (a clase traballadora) se logren impor.

 

¡ SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE, UN DEREITO IRRENUNCIÁBEL!