Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

A fama do noso Director de Enfermería antecede á súa chegada.

A CIG, en primeira instancia, non pode facer máis que darlle unha auténtica benvida por varias causas:

-Este hospital precisa xefes que non teñan amigos.

-A organización do traballo, concesión de permisos... ten que comezar a basearse en criterios obxectivos.

-O fortalecemento da Enfermería (de toda, ATS e Auxiliares) e a creación de auténticos equipos interdisciplinares necesita dunha Dirección con coñecementos teóricos e abertos.

-O coidado a outros colectivos dependentes de esa Dirección merece tamén a atención necesaria.

-O acceso á formación e a participación do persoal en condicións de igualdade con outros compañeiros e outros estamentos urxe que teña un oco.

Esperamos dende esta atalaia que ese currículum e esa experiencia logre desterrar vellas eivas e sistemas de traballo meramente apoiados no costume. A enfermería deste hospital ten lexítimo dereito a sentir que traballa nunhas condicións dignas e que ofrece uns coidados de calidade.

A data de hoxe celebramos a súa chegada, o futuro nos dirá se lograremos celebrar máis cousas.