Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

suxestins_feijo

Mirade que mono, lucía tan ben no Hall do noso inaugurable hospital e a estas horas xa hai tempo que é un recordo, foi posto alí para que persoal e usuarios/as botaran as súas suxestións para  que Feijóo as recollera mañá eu daríallas en man (buzón incluído), era un detalle un pouco notorio pero nada lesivo para ninguén, nen se quera para a adorada estética do novo hospital, xa que o traballo estaba ben feito e só poñía unha nota de cor no medio de tanto gris.
Pero os tristes da Dirección non poideron evitar dala orde de secuestralo (como nos mellores tempos da censura), retiralo, destruílo, de modo que en 10' desapareceu do hall e en menos dunha hora estaba no lixo.
Non sei se alguén se fixou pero levaba a sinatura da CIG-Saúde na parte posterior, porque non nos escondemos cando facemos algo, era doado identificar aos propietarios/as.
Recordatorio: Aínda existe unha lei que é a Lei órganica de liberdade sindical, que di que as OOSS teñen dereito a  espazos de publicidade nos centros facilitados pola empresa. Esto a día de hoxe non se cumpre e cunhas eleccións sindicais á volta da esquina, vemos que tardará en cumprirse.
Tanta pacatería, tanta formalidade, tanta norma,  tanto orde, tanta opresión inxustificada, tanta necesidade de reverencia, tan pouca cintura para o regate, impresiona,
aínda que veña desta susceptible e pouco inocente xentiña de dereitas.
Se pretenderamos atentar contra Feijóo non asinariamos o buzón nin o publicitariamos na páxina, ou? así que esa non é desculpa e confirma que o dito anteriormente debe ser correcto.
Só espero que teñamos ánimo para romper con cantas restriccións arbitrarias nos impoñen, unha e outra vez.
¡¡¡¡ADVERTENCIA!!!! As queixas non desaparecen pola retirada do buzón, mañá expresarémosllas ao noso Presidente (ao que, como debedes supoñer non votamos, pero non nos queda máis remedio que aceptalo) a non ser que nos prohiban a entrada ao acto de inauguración.