Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

            Comezamos a reunión preguntado sobre os seguintes temas:

 

1. PERSOAL DA DEPUTACIÓN/CENTRO DE S. RAFAEL.- Preguntamos por varias cuestións relacionadas co C.S.Rafael con respecto ás dúbidas do persoal do Centro, derivadas da incomunicación e illamento ao que se sinten sometidos/as:

  1. Non saben como se van integrar as Xefaturas de S. Rafael dentro do Servizo de Psiquiatría.
  2. Non coñecen o Plan Funcional do Servizo, nin se van quedar os médicos xerais cando se trasladen a Calde...
  3. Non saben porque se ofertan os postos a uns facultativos e non a outros/as

 

A esto o Xerente respondeu que agora mesmo todo segue segundo o organigrama e funcionando segundo o modelo que se tiña. No momento en que a Comisión encargada de reubicar aos/ás pacientes sociosanitarios teña rematado o seu traballo, e polo tanto, se saiba en que momento se van a asistir só os pacientes psiquiátricos, se determinará e planificará o traballo do servizo, e tamén se decidirá que RRHH son precisos. Polo tanto só é cuestión de esperar.

Con respecto ao persoal transferido en xeral:

  1.  
    1. Pedimos que ao persoal lle figure no Fidex a antigüidade real que teñen no seu réxime xurídico, xa que á xente que leva 20 anos traballando lles figura só dende o momento da transferencia. (anotouno para ver se é posible modificalo)
    2. Pago da Productividade, segundo se recolle nos acordos da deputación (está en función do cumprimento de obxectivos e refírese a un % do salario). Dixo que se faría o que fora estrictamente legal, e que o miraría.
    3. Mantemento da acción social, preguntamos se da deputación viñera a partida correspondente para facer fronte á acción social que viñan tendo. Quedou de informarse ao respecto xa que o descoñecía.
    4. Intención da Dirección de deixar participar a funcionarios e laborais no proceso de mobilidade interna... Tamén anotou...

 

Como información de propia colleita a todo este persoal a CIG dilles, que non se preocupen demasiado, que non é que lles oculten información, o que parece que sucede e que só se van enfrontar aos problemas reorganizativos cando estes sucedan, polo tanto o que sucede agora e simplemente que a Dirección non sabe, porque nen sequera lle destinou tempo a pensar nestas cuestións.

 

2. LINORSA: EMPRESA DE LIMPEZA SAÍNTE.- Puxemos en coñecemento da Xerencia que esta empresa se foi cunha débeda cara as traballadoras, xa que a moitas delas lles debe de 10 a 15 días de vacacións, e días soltos de compensación de gardas que son do ano pasado. Agora mesmo esto é difícil que o disfruten, xa que pertencen a outra empresa, e tamén é difícil que llelo paguen porque asinaron un finiquito que poñía falsidades. O Xerente ofreceuse a falar cos responsables de Linorsa para clarexar estes temas, xa que non comparte este tipo de actitudes. A CIG debe acusalos neste escrito de “rateiros de pouco pelo” e por riba seguen a traballar no hospital para a limpeza dos exteriores.

 

3. PROBLEMAS QUE  ESTÁN SUFRINDO OS USUARIOS.- Está habendo problemas co cambio de citas, con recitacións por probas e non por usuarios (de modo que os que eran citados para 3 probas no mesmo día, aparecen citados para 3 días distintos). El negou que se aprazaran citas (nos levaremoslle papeliños que indican o contrario), do resto tamén o anotou sen crelo moito... xa lle preguntaremos. Falamos de outros problemas estructurais de diversos servizos como Prematuros ou a unidade do sono... Non lle gusta nada ao noso Xerente que lle falemos das eivas deste hospital... pero que sexa novo non significa que sexa perfecto...

 

4. SAUDE LABORAL.- Explicamos 2 vertentes do problema, unha, o propio funcionamento do  Servizo, xa que non é dinámico en absoluto, non é resolutivo, ata o punto de que en realidade, o que no é é serio na valoración. A segunda vertente é o acoplamento das persoas con problemas de saúde, sobre todo pola Dirección de Enfermería. Parece que no primeiro punto foi sensible, no segundo cremos que para nada.... Preguntamos tamén polas posibilidades de solución real  para problemas como (despois de que el dixera que ata dentro dun ano non se poden facer obras xa que a empresa non entrega definitivamente as instalacións):

  1. A falta de sistema de extracción no hospital de día de oncohematoloxía (dixo que falaría co arquitecto para preguntarlle se non o levaba, na segunda volta preguntarémoslle pola resposta do arquitecto e como se vai conseguir o diñeiro para instalalo).
  2. O funcionamento do tubo pneumático, (xa que as analíticas se dirixen a extraccións, onde hai unha soa entrada, mentres que no laboratorio hai 4). Dixo que ían cambiar as direccións de destino para que as analíticas cheguen ás 4 saídas e se leven á man á unidade de extraccións para o seu centrifugado.
  3. Illamento sonoro das RM, que segundo os técnicos é posible, para evitar que o persoal esté todo o turno oíndo o macheteo constante do aparato. Case lle da a risa, por que o ruído constante lle parecía o normal, pero tamén o anotou.
  4. Portas que cortan dedos, como sabedes, nos cuartos a porta ao entrar tropeza coa do baño cando alguén sae, houbo varias persoas que  sufriron cortes nos dedos por agarrar directamente a porta coa man. Pareceulle gracioso, que xa que non se poden facer obras, nin hai para onde correr as portas, se pida un sinal de advertencia para que as portas se collan pola manilla. El di que unha manilla non hai sinalizala que xa se ve que é unha manilla, (ta ben, pero moito nos tememos que haberá varias vítimas ata que acaben sinalizándoa).
  5. Falta do 3º carro de medicación e curas.- Non foi capaz de contestarnos nada, ata o punto que acabamos recomendándolle que adaptara o número de persoas aos carros e non ao revés, que a ver se o problema era que sobraba plantilla e non que faltaran carros.

 

5. CONTRATACIÓNS.- Queixámonos porque nalgún servizo deixan ata 3 baixas sen cubrir, de modo que no turno queda a metade da plantilla, e non nos parece de recibo. Esto non o anotou. Tamén preguntamos porque esa teima de cubrir contratos de substitución con reforzos... Anotou. Na categoría de Técnicos de Farmacia houbo un incremento na carteleira de moitas persoas, preguntamos se non ían ofrecer servizos determinados, ao que o Xerente nos asegurou que si, pero como dubidamos e insistimos, tamén o anotou para comprobar que estiveran solicitados...Insistimos na necesidade de ter o listado de persoal para a reunión do día 11, sobre acomodos internos.

 

6. ACTITUDE XERAL DA DIRECCIÓN.- Esta queixa xa roza o surrealista, porque a CIG ten que queixarse do trato da Dirección, polo menos, dalgunha persoa dela, ao persoal. Esto vai dende actitudes de insensibilidade coas persoas qeu foron pedir permisos por enfermidade grave de familiar, ás que parecía que estaban acusando de querer o permiso para ir de viños. Ou ben chamadas de atención a algún traballador/a por consultar cos sindicatos.. A maiores queixámonos porque todos os cambios aos que no vimos sometidos/as non pasaron na súa maioría pola Xunta de Persoal. El, que non se inmuta, di que porque lle van botar a bronca á xente por consultar cos sindicatos, se facemos o papel que temos que facer, como el fai o seu. Debería mandarlles unha circular aos seus carguitos explicándolles estas cuestións, pero como eso non vai suceder, a algún igual lle vale o recado que lle queda nesta páxina.

 

7. ACTITUDE CONCRETA DA DIRECCIÓN DE ENFERMERÍA.- Esto xa resulta do máis repetido e decepcionante. Falamos do erratismo na planificación, de que o Sres/as desta Dirección non responden aos escritos do persoal nin se ocupan de baixar á area de cando en vez. Colocan ao persoal a dedo. Ofrecen  carteleiras que non deben e despois impoñen xusto a que non escolle o persoal. Nalgunha delas as traballadoras acaban debendo ata 12 días á casa, o cal non se sostén, por irracional. Pedimos información sobre cuestións sinxelas dende hai moitos meses sen que se nos facilitara. O persoal o que nos transmite é unha sensación de absoluta falta de respecto cara a el, podemos confirmar que nós tamén nos sentimos así...

Preguntamos pola reestructuración das Consultas Externas, díxosenos que estaban esperando que se resolvera o concurso dos “encamiñadores” (eses aparatiños para que o usuario/a introduza a tarxeta sanitaria e na consulta saiban que xa chegou) que ata que non estivera resolto non se ía tocar nada. Plan non debe haber ningún, polo de agora... (esto é da miña colleita) xa que nos fartamos de pedilo e non no lo dan. Tamén volvemos preguntar polo de Rx, e tampouco debe existir... (logo enterámonos de que o luns empezan carteleira nova e ninguén a viu aínda)

  1. PENDENTE.- Non tratamos:
    1. As peonadas e horas extras (mencionámolas pero non houbo respostas)
    2. A falta de material do persoal de mantemento, que andan a pedirlle os desparafusadores á xente da empresa privada, porque os seus xefes
    3. Solución para as taquillas (xa sabemos a resposta: Que inspección resolva...)
    4. Os atascos dos desaugues dos WC, que se atascan en toda a casa, día si e día tamén (eso soubémolo pola tarde) parece que os técnicos lle botan a culpa ao papel (non a defectos de obra) que debe ser da marca “El Elefante”, xa que segundo din rasca e atasca, polo tanto pediremos chorriños de aire para o secado.
    5. O Sr técnico (andaluz, sic) que seica estivo velando a porta xiratoria o día da visita de Feijoo e demais autoridades... para que non se parara. Non preguntamos porque non vale a pena picar ao Xerente, neste tema, para el tan sensible, é máis, parece que só as críticas ás escaleiras mecánicas lle preocupan máis que esto.