Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 Ante a convocatoria de reunión por parte da Dirección de Primaria co persoal que se vai trasladado a PAC, deixamos estes apuntes aquí. Esperamos que sexa de utilidade.

 

      Nos PACs conviven, como norma xeral, o persoal adscrito exclusivamente ó PAC e as enfermeiras de atención ordinaria que voluntariamente optaron por facer atención continuada, hai que matizar que nos centros de atención ordinaria que teñen enfermeiras de APD estas teñen a obiga de facer 230 horas/ano aproximadamente para non perder económicamente a retribución que vai incluída na súa nómina en concepto de gardas.

      Os PACs funcionan organizativamente polos Plans funcionais individualizados a cada PAC, estes plans deben  incluir o número de horas estructurais a cubrir ( hai PACs de 6667 horas, un equipo; de 6799, con algún reforzo en fins de semana ou festivos; de 14552, como o de Lugo….., deben incluir tamén o número de horas reservadas a voluntarios e a distribución desa voluntariedade ( hai voluntarios de 150 horas, de 230 a 280 e de 280 a 550. Esta voluntariedade é un dereito adquirido e só pode ser minorado si na seguinte opción de voluntariedade algunha non quere facer atención continuada ou quere rebaixar o número de horas actual, esas horas redistribuirianse, primeiro ente os outros voluntarios ou novos voluntarios ós que se lle ofrecerán, de non distribuirse todas as sobrantes pasan a oferta de xornada complementaria para as  enfermeiras do PAC.

      O mesmo pasa coa voluntariedade das enfermeiras de PAC de facer ou non xornada complementaria, xa que dende que se reduciu a xornada de 1570 horas a 1430 horas, quedou unha bolsa a repartir, si non se quere esa bolsa ou parte dela, pasa á voluntariedade de ordinaria.

      As quendas de traballo son agás excepcións de turno completo de 15 a 8 da mañan do día seguinte ou de 8 a 8 do dia seguinte en festivos, en algúns PACs hai turnos partidos en algunha quenda: de 8 a 22 horas e outro de 22 a 8 en función da voluntariedade que poidera ter o persoal de atención ordinaria que traballa en unidades de tarde.

A xornada ordinaria anual efectiva , é de 1430 horas/ano polo que en carteleira deben figurar : 1430 + 63 horas de DLD = 1493.

              1.493 /   11 meses ( xa descontamos o de vacacións) = 135,72 ….. 136 Horas

              136 X 12 meses  (os calendarios hai que facelos de 12 meses para poder irnos de vacación na data que queiramos ……….. 1.632 horas  a cada enfermeira.

     Estes datos son a media, pero na organización mes a mes, veremos que uns meses trabállanse máis horas e outros menos en función de quendas festivas, e de nº de días de cada mes, polo que hai que facer cómputo de xornada, normalmente o programa informático liquida a partir de 150 horas/ mes e dá importantes trastornos xa que non distingue entre xornadas ordinarias e xornadas complementarias, fai mal os cálculos de IT e de horas de libranza ás que hai dereito por acordos, polo que hai que estar alerta nos cálculos.

     Os calendarios hai que facelos entre todas as enfermeiras que traballan no PAC, tanto as voluntarias como as específicas e deben reunir criterios de rotación e ponderación tanto en número de noites, como en festivos, domingos……Si non hai acordo é a propia xerencia a que elabora o calendario informando (cando queren) ó Comité de Centro.

    Os acordos de PACs están recollidos nos DOG  105 do 2 de xuño de 2005, e no nº 115 do 16 de xuño de 2008.

      As retribucións recóllense na Orde de confección de nóminas DOG nº 14 do 21 de xaneiro de 2011. Hai pendente, por suspensión, o incremento ata o 100% (estase a pagar o 80%) dos complementos de nocturnidade, festivos e prefestivos.

 

Os problemas máis frecuentes que se dan nos PACs son.

-          Elaboración dos calendarios

-          Cómputo de xornada ordinaria e complementaria

-          Disfrute das horas de formación.

   

Para calquera dúbida : Sección sindical de CIG-Saúde e WWW.cig-saúde.org