Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

ARTIMAÑAS NA XAP LUGO


Estos días atopámonos cunha recolocación dun traballador (sa sabedes quen) sen seguir ningún dos procedementos consensuados coas organización sindicais. Sen informar aos representantes dos traballadores, sen publicidade, sen igualdade.. sen, sen, sen...

Trasladan a un profesional a outra unidade (a un PAC) sen darlles opción ao resto dos profesionais de poder optar ao mesmo posto de traballo, provocando ademáis a desaparición dun posto de traballo, que doutro xeito non se houbese producido, demostrando por parte da XAP Lugo un compromiso nulo co mantemento do emprego.

Dende CIG-Saúde manifestamos publicamente o noso rexeitamento a estas políticas de recursos humanos tendentes a amortización dos postos de traballo tal e como acontece neste caso.
Non é xusto, no contexto socio-económico no que nos atopamos, que se tomen decisións tendentes ao incremento do paro. Nin é xusto que outros profesionais sólo poidan trasladarse a través de convocatorias de traslados convocados en DOG.
Onte tivemos reunión as OOSS coa XAP, e tal como esperábamos, non mudaron de opinión, é máis, se non entendimos mal, pensan facer o mesmo en Ribadeo e Fonsagrada..
Esta solicitada reunión coa Directora. de RRHH sobre este asunto, xa que a gran maioría dos sindicatos que pertenecen ao Comité de Primaria votamos en contra deste tipo de recolocacións..OLLO! houbo un sindicato que se abstivo de votar en contra da recolocación.. xa sabedes cal é..