Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

E AO XEFE DE SERVIZO DE M. PREVENTIVA

Á Dirección enviouse petición de información sobre o plan de reestructuración de persoal nas C. Externa, xa que os enrutadores xa están instalados, e só nos interesa que nos conten as súas intencións antes de levalas a cabo, non despois, que logo xa non hai remedio. Polo que a día de hoxe non sabemos realmente nin cantas nin cando as persoas se van ver afectadas.

Tamén se enviou escrito de queixa polo pago de horas extras para a cobertura dos permisos electorais en tódolos servizos e categorías, en moitas ocasións sen xustificación algunha, por certo, algún xefe parece que non sabía que existen tales permisos electorais.......

Ao Xefe de Preventiva dirixiuse a nosa delegada de prevención co seguinte: 

AO XEFE DO SERVIZO DE MEDICINA PREVENTIVA

 

Mª Teresa RODRÍGUEZ PORTELA, delegada de Prevención de Riscos Laborais de CIG-Saúde, por medio do presente escrito

DI:

PRIMEIRO.- O corredor de circulación de persoal deste centro, que permite o acceso e saída deste persoal cara o aparcamento, utilízase para a evacuación e descarga de residuos variados.

SEGUNDO.- Hai frecuentes vertidos no chan produto da manipulación do lixo e outros residuos.

TERCEIRO.- Un considerable número de traballadoras/es que acceden ao hospital por esta vía pisan  e transportan no seu calzado os mencionados residuos, tanto ao seu propio servizo como cara o seu domicilio, xa que no vestiario se comparte o mesmo espazo físico para o cambio de vestimenta.

CUARTO.- A maiores, o feito de ter unha taquilla soa fai que un espazo moi reducido teña que acoller o calzado da rúa e o calzado hospitalario, ambos potencialmente contaminados, estando á súa vez en contacto coa roupa de cada traballador/a.

 

SOLICITA

Se faga unha valoración destas vías de transito e se tomen as medidas pertinentes para corrixir o que, dende o punto de vista da hixiene hospitalaria, non parece o máis adecuado.

Se propoña que ao persoal lle sexa facilitada unha taquilla con espazo separado para a  roupa da rúa e  para o uniforme de traballo, por razóns hixiénicas obvias independentemente da corrección das vías de circulación.

Se nos remita, de ser posible, o informe de conclusións que se emita.

Atentamente